#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Merino, AD Matela: «Os equipos están reforzándose moi ben»

É un vello coñecido dos nosos campos. Este vindeiro ano afronta unha nova aventura na Segunda Galicia, neste caso na AD Matela, entidade recén ascendida desde a Terceira. Falamos de Ángel Merino.

O preparador lucense asina polo conxunto de Outeiro de Rei logo dun ano convulso a nivel individual e a nivel global. Merino comezaba a 19/20 na SD O Páramo, club militante na Segunda Galicia. Porén, meses despois, o técnico abandonaba a disciplina dos das Rapadas para incorporarse á do Lugo Unión. Máis tarde, a Covid-19 impediu que a temporada rematase como todos desexabamos, polo que o labor de Merino no conxunto capitalino quedou sen rematar. 

Agora, Merino afronta unha nova temporada cheo de ilusión e con moitas ganas de traballar nun conxunto novo na categoría. Hoxe, falamos co adestrador para saber máis acerca desta nova etapa!

Futbolinlugo: Que che leva a fichar polo Matela?



Ángel Merino:  Despois de varias chamadas recibidas de clubes de Lugo, a mellor opción para seguir traballando e con tranquilade era o Matela, onde non che impoñían nada, só traballar e tentar confeccionar un cadro de xogadores para non pasar apuros.

«Estou formando un grupo que pode competir con calquera»

FIL: Cales serán os obxectivos do clube na 20/21?



AM: Intentar non descender xa que vai ser unha Segunda Rexional moi competitiva, dado que a maioría dos equipos estanse a reforzar moi ben, nosoutros con humildade sairemos a competir e a facelo o mellor posible. Gústanme os retos e aquí estou, formando un grupo que pode competir, xa que temos as bases para facelo, reforzando o equipo un pouco podemos conseguilo,  queda pendente reforzar a zona de creación e de ataque, a ver se podo fichar a Soto que sei o que me pode aportar arriba.

FIL: Como pensas que será o formato de competición nesta nova normalidade?

AM: Aínda que todo está no aire, o idóneo sería ter tres segundas rexionales: norte, centro e sur. Sería máis atractiva,  pero dame a min que esta temporada non vai ser e o formato será de dous grupos, e en cada grupo dous grupos de 10. Pero todo depende do que decida a Federación galega. 

«No Páramo nunca se deron ou cumpliron as promesas da directiva«

FIL: Como definirías o teu paso pola SD O Páramo?



AM: No meu paso polo Páramo, sinceramente, nunca se deron o cumpliron as promesas da directiva, o corpo técnico nunca tivo o poder sobre o plantel, Quizais os xogadores veteranos son os que dirixen ao clube e así non se pode traballar, ademáis do hándicap de que non coincidimos para nada nas decisións o corpo técnico e non son partidario de esa filosofía.

Merino, no centro da imaxe, na súa etapa na SCD San Lázaro.

FIL: E polo Lugo Unión?

AM: No Lugo Unión foi máis por amizade con algún xogadores e directivos, que me chamaron para que lles botara unha man, atopei un equipo roto, sen ideas, que non sabían moi ben ao que xogaban,  pouco a pouco xuntamos pezas, fichando a algún xogador que nos dese ese salto de calidade e polo menos saír a competir e intentar facelo o mellor posible. 

«Intentarei chegar o máis lonxe posible»

FIL: Onde te ves a ti mesmo en cinco anos?

AM: Despois de moitos anos xogando ao fútbol e adestrando en categorías inferiores do San Lázaro, sempre me quedou o gusanillo de adestrar en sénior, así na temporada 17/18 , cun equipo moi bo iniciamos a nosa aventura nos banquillos quedando a tan só un punto de ascender,  e como sempre sigo formándome,  con cursos da Federación galega e cursos online,  para seguir adquirindo coñecementos e seguir conectado ao mundo do fútbol que tanto me gusta e intentar chegar o máis lonxe.

Merino, AD Matela: «Os equipos están reforzándose moi ben»

Diario dun mercado. Episodio 173

Merino, AD Matela: «Os equipos están reforzándose moi ben»

Diario dun mercado. Episodio 174

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *