Mala xornada para os nosos representantes na Terceira División. O Racing Villalbés encaixou unha dura goleada no feudo do Choco. Todo elo a pesares do doblete de Santi Taboada. Edrosa, que firmou unha boa actuación, debutou coma titular nos chairegos. No entanto, o Polvorín caeu pola mínima no emblemático Couto. Os de José Durán evidenciaron a súa melloría ante preto de 2000 espectadores pero un gol de Rubén Durán de penalti decidiu. O tanto do antigo xogador do Lugo desnivelou un encontro moi igualado. A próxima semana, o filial albivermello debutará á fin ante os seus afeccionados despois de catro xornadas consecutivas a domicilio.

As boas noticias chegaron dende a Preferente. O Foz conseguiu a súa primeira victoria, con doblete de Xenxo incluido. Os de Gayol non viron perigar o triunfo ante un Estudiantil, que mantivo a incertidume no marcador grazas aos erros mariñáns. Tamén chegou o primeiro triunfo do Viveiro, con adicatoria especial. Unha victoria sufrida despois dun soberbio inicio e que vai para Dani Carnota, lesionado o pasado venres no adestramento do cadro de Chusky. O lateral esquerdo terá que ser operado de tibia e peroné.

Os que seguen a velocidade de cruceiro son a Sarriana e o Ribadeo. Os de Alberto López asaltaron un feudo complicado coma o do Negreira antes do cuarto de hora. No minuto 11, xa vencían por 0-3. O Ribadeo tamén firmou os tres puntos a domicilio, nun encontro no que non mostrou a súa mellor versión. Iso sí, cometeu menos erros que o seu rival, o Boimorto, e levouse o gato á auga. Por último, o Castro segue sen gañar e encaixando goles con facilidade. Os de Edrosa reaccionaron na segunda metade e chegaron aos últimos minutos con empate a 4 goles. A sorte foi esquiva unha vez máis. O ex do Lugo Iván González firmaba o quinto do Xallas no desconto. Cuarto gol na súa conta particular, nunha tarde que seguro recordará.

Comparte
                     

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*