Onte foi un gran domingo na Chaira. Todos os seus equipos gañaron. Algúns de feito por primeira vez na tempada. Caso do Castro, que o fixo con suspense e algunha dúbida. Diego Núñez resolveu no minuto 92. Os veciños de Outeiro non foron menos. E superaron ao Viveiro pola mínima no derbi lucense da xornada. Diego López asinou un doblete e os de Juan Peón xa saben o que é puntuar no seu regreso á Preferente. A mala caída do meta Carlos quedou só nun susto.

Ademais, o Racing Villalbés deu un golpe sobre a mesa ao vencer por 0-4 no campo do Cultural Areas. Victoria número 50 de Óscar Gilsanz á fronte do conxunto da Magdalena. Tamén destacar que neste encontro o lucense Ross xogou no lateral esquerdo do Areas os 90 minutos.

Tichu segue a converterse nun dos líderes indiscutibles do Ribadeo. Onte, doblete e victoria no feudo do Boimorto. Outro que gañou foi o Polvorín. A pesares de non apretar de todo o acelerador, os capitalinos superaron por un cómodo 5-0 ao Betanzos. Hat trick de Escriche incluído. No outro extremo da cidade amurallada, a Residencia tumbou ao Dubra cun tanto tempraneiro de Diego Simón. Por último, tarde para olvidar do Atlético Escairón ante un As Pontes, que mira xa cara arriba. Aos 15 minutos de xogo, os do Saviñao xa caían por 3-0.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*