Trío de ases Terceira (Xornada 14) e Preferente (Xornada 12)

Dous derbis tiñamos esta xornada. O primeiro, con contido moi social, na Mariña. Alí o Ribadeo impúxose ao Viveiro de Chusky. O técnico non puido estrenarse con victoria ante un estadio de Cantarrana ateigado de xente. No outro encontro de rivalidade comarcal, empate a 0-0. Castro e Outeiro non puideron poñer fin ás súas malas xeiras. A dos de Javi López ascende a tres partidos sen gañar e dous sen marcar. A dos pupilos de Juan Peón é máis preocupante: sete xornadas sen coñecer a victoria.

O que sí está nunha xeira totalmente contraria, é o Racing Villalbés. Amenazando os postos de play off de ascenso a Segunda División B logo da súa quinta victoria consecutiva. O que xa alcanzou a zona do ascenso é o Polvorín, despois de vencer pola mínima ao As Pontes nun dos duelos entre os galiños da categoría. Gol de Asier no límite incluido! Ademais, o Atlético Escairón sacou un valioso punto na súa visita a Arteixo e a Residencia perdeu na casa ante o San Tirso. Mal partido dos de Álvaro Meilán, que cederon de penalti e sobre a hora.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*