Foto de portada: Mariluz Fagín

O Fonsagrada e a Milagrosa lideran en solitario cadanseu grupo da Terceira Rexional. Marcharon de ponte gañando os seus respectivos encontros. A competición volverá a vindeira fin de semana. Na pasada a SD Viveiro e o Rubián descansaron. Pola súa parte o Carballedo fixo historia. Primeira vitoria en partido oficial.

No grupo norte, o Fonsagrada marcou diferenzas na primeira posición con respecto ao Friol B. No duelo directo que viviron os dous equipos, o cadro fonsagradino levou os tres puntos ao gañar pola mínima. O equipo preparado por Nico Longhini conta os seus cinco partidos xogados por vitoria. A pesar da derrota, o filial friolés mantense na segunda praza. Iso si, cun partido máis con respecto á SD Viveiro que é terceira. Na cuarta posición aparece o Matela que igualou a un gol ante o Rioaveso. O conxunto da parroquia de Outeiro de Rei mantense invicto no que vai de curso.

Nos postos de promoción de ascenso entraron na pasada xornada o Cazás e o Catro Roldas. O coxunto do Catro Ventos venceu a domicilio pola mínima ao Celeiro. Yago marcou de penalti. Unha decisión arbitral que non deixou nada contentos aos locais. Non obstante, o máis importante é que Poti e Eloy puideron recuperarse dos seu choque que os obrigou a pasar polo PAC de Viveiro. O xogador do Celeiro rematou con cinco puntos nunha cella e o do Cazás con grapas na cabeza. Pola súa banda, o Catro Roldas ocupa a sexta posición ao vencer con claridade ao Nuevo Nausti. Soto marcou un hat-trick e Samuel Orosa un dobrete. No outro partido da xornada o Lugo Unión e a Comercial igualaron a un gol.

No grupo sur, a Milagrosa colocouse como líder por primeira vez na tempada. Aproveitou os resultados da xornada e a súa vitoria fóra da casa ante o Monterroso B. Cadanseu dobrete de Iago e de Anxo. No seu primeiro ano de sénior o dianteiro Anxo xa suma 6 goles. Xabi continúa sendo o porteiro menos batido do grupo. Na segunda posición colócase o Sporting Lucense. Derrotou con claridade ao Antas, que chegaba ao encontro como primeiro clasificado. No terceiro posto sitúase ao Sober. Igualou sen goles na súa visita ao Taboada B. Aínda que non marcou desta volta, Martín mantense como o máximo goleador do grupo con sete goles.

O Lemos B pecha nestes momentos os postos de promoción de ascenso. Empatou a un gol na súa visita ao Castroverde. Hugo igualou o gol de David que adiantou aos locais. O Carballedo conseguiu a primeira vitoria en partido oficial. Son ademais os primeiros puntos que consegue e que o sacan da última praza do grupo. Derrotou a un Relámpago escaso de ocasións e sen un bo xogo. Cristian asinou un dobrete. Un dos goles, de chilena.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*