A semana que vén comezará a Terceira División galega. E a seguinte en facelo, será a Preferente. A esa conclusión se chegou na reunión de onte entre a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e os clubs de Preferente. Aquí vos deixamos os principais puntos tocados na mesma:
–A RFGF presentará nos vindeiros días un protocolo á Xunta, (que esta tería que aprobar).
-Como alternativa ó uso de máscara (á que os equipos son contraria), proponse a realización de test serolóxicos a xogadores e corpo técnico cada dúas semanas.
-A RFGF cubriría a metade dos costes dos test, mentres que se está a estudar a fórmula da outra metade, pero cabería a opción de que tiveran que facerse cargos os clubes.


-O inicio da competición dataría do 29 de novembro, e habería un cambio no formato de competición previsto inicialmente, polo que quedaría da seguinte maneira:
Tres subgrupos, dous de 8 equipos e outro de 7 equipos, no que estarían encadrados os sete equipos lucenses.

Os dous primeiros de cada subgrupo clasificaríanse para unha liguiña de ascenso, mentres que o resto loitarían pola permanencia.