A Pinguela albergará este domingo ás 16 horas un dos mellores partidos que se pode ver nos campos da provincia de Lugo. Dous equipos, dúas vilas, que ben seguro gustarían de medirse nunha categoría superior, pero as circunstancias fan que sexa en Primeira Galicia. Precisamente pola participación destes equipos, xunto coa Sarriana, Foz, Xove Lago, etc, estase a ver unha preciosa loita polos postos de ascenso.

O Club Lemos e a S.D. Chantada ben seguro que estarán nesa pelexa. Cando menos, ese é o seu obxectivo. Os de Monforte atópanse quintos, pero a tan só catro puntos do líder. Os pupilos de Edu Rodríguez non están a amosarse regulares no último mes de competición, colleitando tan só un punto lonxe do seu feudo, e caendo derrotado ante dous rivais directos: C.D. Foz e Xove Lago. Para o adestrador monfortino “estas derrotas afectáronnos a nivel clasificatorio, pero non en canto a sensacións, xa que o equipo estivo ben“. Basan a súa fortaleza nos partidos como local, cedendo tan só dous empates no que vai de liga, “na Pinguela sentímonos moi cómodos, cada vez máis, non só a nivel resultados senón tamén a nivel xogo“, apunta Edu. En relación ao rival do domingo, o técnico local di que “a S.D. Chantada é un claro favorito para logralo ascenso, é un bloque moi forte e moi competitivo, que levan dous anos xogando xuntos, con adestradores da casa. Anxo Otero, Cebolli, Michi, Javi Ramos…son xogadores que poden marcala diferencia”.

A Pinguela convirteuse esta tempada nun feudo inexpugnable

Pola súa banda, a S.D. Chantada é terceira, con dous puntos de ventaxa sobre o seu rival do domingo e cun encontro menos, xa que, aínda non disputou o adiado pola cicloxénese Ana. Faráo o vindeiro 10 de febreiro ante a Sarriana. Os de Juan Rodríguez só sumaron un punto nos seus dous últimos desplazamentos ante Santaballés e Xove Lago. O técnico chantadino di que “somos conscientes que imos a un campo moi difícil e ante un rival moi complicado. Eles como locales desenrolan un fútbol combinativo e están moi adaptados ás amplias dimensións da Pinguela, pero para nada é unha excusa“. A S.D. Chantada é o equipo menos goleado da competición, dato que lle está a proporcionar un bo número de puntos. Según Juan Rodríguez “comezamos a temporada con moitas baixas na parcela ofensiva e aguantamos na parte alta gracias ao gran traballo defensivo, non só de defensa e porteiro, senón de todo o equipo sendo moi solidarios“. Do Club Lemos destaca “a súa aposta pola fútbol combinativo e o compromiso no novo proxecto que teñen que ilusionou tanto a directiva, adestrador, xogadores e afección. Ese sentimento de pertenza está axundándolles a facer unha gran campaña, ademáis de ter xogadores de moita calidade, sobre todo ofensivamente“.

A S.D. Chantada buscará mellorar a súa racha como visitante

 

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER…

Terceira División

Racing Vilalbés – Bergantiños C.F. (Domingo ás 16:00): Encontro de moitos quilates o que se disputará no campo da Madalena. Os de Óscar Gilsanz, logo de dez xornadas sen coñecela derrota, tentarán prolongala súa racha ante o segundo clasificado, o Bergantiños, probablemente o conxunto máis potente da categoría.

Preferente Galicia

C.D. Castro – Viveiro C.F. (Domingo ás 16:00): O regreso de Xaime ao Arturo Pereiro coa camisola do Viveiro. Os de Chusky chegan coa necesidade de sumar de tres en tres pra fuxir o antes posible dos postos de perigo,pero enfronte estará un Castro ferido tras perder como local ante o Betanzos.

Encontro trascendental no Municipal de Outeiro, na loita pola permanencia

S.D. Outeiro de Rei – S.D. Residencia (Domingo ás 16:00): Os dous equipos en descenso. Unha derrota do Outeiro deixaríao nunha situación moi delicada, pero un triunfo meteríao de cheo na loita pola salvación á costa dun Residencia que vén de gañarlle a un rival directo como o Boimorto.

Primeira Galicia

C.F. Riotorto – U.D. Xove Lago (Domingo ás 16:00): Enfróntanse no campo da Veiga o cuarto contra o segundo, con tan só un punto de por medio. O potencial ofensivo dos de Miguel Sancosmed poñerá a proba a fiabilidade dun Riotorto que perdeu tres dos seus últimos cinco encontros.

E.D. Lourenzá – Mondoñedo: “O derbi da horta“. Sen dúbida un dos atractivos deste fin de semana futbolístico. Os locales queren seguir mirando aos postos de ascenso ante un Mondoñedo necesitado de puntos pra acomodarse na metade da táboa. Día de festa en Lourenzá con gran ambiente entre as afeccións.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*