#Fútbol afeccionado

Palabra de… Jorge Méndez: «A nosa historia»

“Miras o reloxo. Xa son as 14:30h. Tes que marchar. Corenta e cinco minutos ata o campo, comeza o encontro ás 16:15. Estás a comer coa familia, o ambiente é moi bo e distendido, e ti levántaste da mesa. Sábelo dende o mércores, hai que asubiar…»

“Prepáraste para o ambiente, para ser quen de dirixir un encontro baixo o influxo das emocións de vinte e dous futbolistas sobre o terreo de xogo, outros dez no banco e mailo corpo técnico. De súpeto, chegas ao aparcamento sen case caer na conta do camiño percorrido, efectos secundarios da concentración. Alí non te recibe ninguén. Colles as túas cousas e camiñas cara a entrada…”

No caso do colectivo arbitral esta é a historia que se repite todos os fines de semana nos distintos campos da nosa comarca, a dun rapaz ou rapaza que vai con toda a súa ilusión a un campo para dirixir un encontro durante 90min, para tratar de impartir xustiza e permitir que tanto os afeccionados como os xogadores poidan disfrutar e disputar un encontro no que prime o verdadeiramente importante, que é o fútbol.

Esta é a historia que o público en xeral coñece, e pola que se nos vai valorar, posto que é a cara visible do traballo que levamos a cabo dende este colectivo, un traballo polo que non esperamos recibir aplausos ou felicitacións, posto que sabemos moi ben, e somos moi conscientes, de que o verdadeiro fútbol radica no espectáculo que nos brindan os xogadores , e que a nosa función e brindar e facilitar que este poida producirse da mellor maneira posible, seguindo o couce estipulado polas regras de xogo, e intentando aplicar o sentido común a este deporte que tanto nos gusta a todos os que formamos parte del.



Neste articulo trataremos pois, de achegarvos un pouco mais a nosa figura,de coñecernos mellor, de amosarvos o traballo e as historias que se agochan tras os 90min que duran os encontros. En definitiva de amosarvos a realidade que se agocha tras esa cara visible da que falabamos antes, unha realidade chea de satisfaccións, sacrificios, momentos bos, e momentos non tan bos. Pero sobre todo unha realidade conformada por persoas e compañeiros entrañables que formaron,forman e formarán parte deste colectivo e por conseguinte da familia futbolística da nosa comarca.

Aquí vai para todos vos, a nosa Historia:

Partamos de premisa de que ninguén, ou case ninguén, nace querendo ser arbitro. Todos nos preferíamos de pequenos a camiseta dos mellores xogadores do momento, aos que soñábamos con imitar algún lonxano día, e tan só nos fixabamos nese peculiar elemento do xogo que é o colexiado cando “os maiores” criticaban a súa actuación dicindo esas palabras que nosoutros tiñamos prohibidas no noso día a día por ser malsoantes, mais que parecía que si que tiñan cavidade nos térrenos de xogo para salificar o traballo do citado personaxe…



Segundo iamos crecendo e apurando as etapas da niñez, continuaba a crecer o noso romance, a nosa paixón polo fútbol. Ao mesmo tempo que, tristemente, perdía para nós o carácter exclusivamente lúdico que tivera ata o citado momento, atrás quedaba a simple idea de ver este deporte como un xogo co que divertirse cos amigos, para pouco a pouco adquirir uns matices mais competitivos onde moitas veces gañar escalaba irremediablemente posicións na escala de prioridades, deixando atrás a inocencia e a tenrura dos primeiros momentos.

Foi nalgún momento durante este proceso cando nos dimos conta de que aquel “Peculiar elemento do xogo” do que falamos antes, era un mal necesario. Posto que as regras que habiamos aplicado cos amigos ata o momento, xa non valían. Xa non se aplicaba a lei da botella, ou a popular frase cando había unha disputa “gol ou penalti?” (Nunca entenderei porque escolliamos sempre penalti)

E así continuamos avanzando e superando categorías . A medida que creciamos aprendiamos a xogar e entender o fútbol a través dos nosos compañeiros, dos nosos adestradores , aprendiamos tamén unha serie de valores como é o compañerismo, o esforzo, o sacrificio… mentres que tristemente, e so nalgúns casos, podiamos observar tamén a cara escura deste deporte (considero que cada un debe reflexionar el mesmo acerca diste punto, polo que non fan falta os exemplos) … en definitiva aprendiamos o que é realmente a vida a través da nosa relación co fútbol.

Supoño que neste punto moitos de vos estarédesvos preguntando ¿pero esta non ia ser unha historia acerca do arbitraxe? Pois si a pesar de que ata este momento o que vos estamos relatando pódese aplicar a maioría de xogadores, esta é a realidade dun árbitro nos seus comezos, posto que as veces esquécense de que, en menor ou maior medida, nos tamén fomos xogadores antes de “pasar ao outro bando” e de que a maioría aínda teñen ese espírito de xogador dentro como veredes mais adiante…

Chega o momento de relatar como se produce ese “paso ao outro bando” como un bo dia veste nunha clase (da Avda. Breogán, 37 Entlo) esta decisión prodúcese por moi diversos motivos, no meu caso porque me din de conta de que nacera con dous pes esquerdos, noutro caso por mediación dun amigo que é arbitro e anímate a meterte no mundillo, ou porque o equipo no que levas xogando toda a vida desfase e queres seguir ligado o “deporte rei” dalgunha forma…



O caso é que un bo dia veste sentado nunha cadeira, escoitando aquilo do que ti como bo “forofo e entendido disto” xa te considerabas coñecedor ( inclusive con dereito a réplica nos partidos) si, estou falando dun gran descoñecido no mundo do fútbol “ As Regras de xogo”, e pouco a pouco vaite picando a curiosidade por este mundillo, vas descubrindo que realmente non sabias tanto como pensabas, descartas e radicas grandes mitos como o que di: “o porteiro na area pequena non se lle pode tocar”, en conclusión vaste dando conta de que se abre ante ti unha nova forma de ver e entender o fútbol…

É tamén neste momento cando empezas a darte conta de aquilo que falabamos o comezo deste artículo, que ao igual que os equipos preparan durante a semana os correspondentes partidos, os árbitros non se quedan atrás e tamén traballan durante a semana para facelo o mellor posible durante eses 90min. Por exemplo temos un preparador físico de luns a venres para chegar da mellor maneira os partidos e poder seguir de cerca o crecente ritmo dos encontros. Todos os venres temos unhas clases técnicas onde ampliamos o noso coñecemento sobre as regras de xogo que debemos aplicar nos encontros.

E para corroborar que estamos realizando correctamente este traballo físico e técnico, temos unha serie de probas ao ano (3-4 unha cada dous ou tres meses), e en caso de non superar os mínimos establecidos en calquera dos apartados das probas supón o Non apto nas mesmas, e por conseguinte non podemos arbitrar os encontros da nosa categoría, hate superar ditas probas na seguinte convocatoria. Estas probas normalmente consisten en:

-6 series de 40m descansando 1,15min entre series, para conseguir o apto hai que baixar todas de 6seg

-2000m por debaixo de 8min para conseguir o apto

-E un circuíto,agónico, de axilidade que ten que facerse por debaixo de 58seg

-Un exame acerca do noso coñecemento nas regras de xogo

Estes son os mínimos que hai que cumprir para poder ser considerado apto, a partir destes mínimos establécense uns baremos para puntuar as diferentes marcas. Ditas probas e baremos poden variar dependo do momento da tempada ou da categoría, as veces hai que facer outros dous exames, de estatutos e de redacción de actas.

E a raíz da puntuación que acadamos en ditas probas, sumadas as notas que obtemos nos informes que nos fan nos partidos ao longa das tempada, saen as clasificacións correspondentes coas que se deciden os ascensos e descensos de cada categoría.

Todo este traballo e esforzo “sacrificios”, persigue como fin, estar nas mellores condicións posibles para realizar a mellor actuación posible nos partidos que diriximos cada semana, polo que podo asegurarvos que o primeiro interesado en acertar ao sinalar ese penalti dudoso, ou en expulsar a un xogador por unha entrada, somos nos, o propio colectivo arbitral. Posto que traballamos para alcanzar tal obxetivo, e somos os primeiros damnificados cando cometemos un erro, podo asegurarvos que é duro chegar a casa despois dun partido sabendo que fallaches nunha xogada puntual, pero como dixemos a última vez:

“Así a todo, non aspiramos a acadar a verdade absoluta nin pretendemos erradicar a crítica construtiva e respectuosa, non negamos a existencia do erro nin podemos prometer que non existirán máis. Ogallá fose posible conseguilo, mais somos persoas. E coma persoas nun terreo de xogo, temos a teima de que algún día se nos acepte coma outro deportista máis sobre o céspede, cos seus acertos e cos seus erros pero coa convicción social de que, coma o dianteiro que falla a porta baleira, cometemos un erro, non un acto delituoso consciente e dirixido para desgraza allea.”

Pero lembro que o que mais me sorprendeu de todo o que estaba a coñecer cando comecei na arbitraxe foi o gran grupo humano que existía neste colectivo, e é que dende fora non tes consciencia da unión e sentimento de grupo, de quipo, que hai dentro da delegación, dentro do colectivo arbitral. Empezas a ver que esa xente,que tanto criticaras cando xogabas ao fútbol, son en realidade grandísimos compañeiros, e pouco a pouco vanse convertendo nos teus amigos, no teu apoio despois de errar nun partido complicado, despois dun fin de semana difícil, en definitiva axúdanche a mellorar no aspecto arbitral e tamén como persoa. E sen eles seria moito mais difícil levar todo isto.

Gustaríame a modo de despedida animarvos a todos os que estedes interesados ou teñades curiosidade acerca deste colectivo a que vos animedes a apuntarvos a el ou achegarse simplemente para ver como funciona dende dentro. Remato con dúas frases celebres , “o futbol é a cousa mais importante das cousas menos importantes” ou simplemente “futbol é futbol”. Deica pronto.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *