A temporada na competición regular está chegando a súa fin, e para algúns equipos xa rematou. Tan só queda unha última xornada nos dous grupos de Segunda e que se decida o campión da promoción de ascenso nos dous da Terceira. Na última categoría do fútbol lucense xa hai un mes que finalizou a liga, polo menos na norte onde tan só once equipos formaron parte este ano da categoría. E grazas, a que a liga comezou xa ben entrada a temporada e que houbo algún parón polo medio para que se poideran estirar as xornadas ata o mes de marzo. No grupo sur case aconteceu ó mesmo, aínda que eran dous equipos máis; trece en total.

Ante esta situación son moitos os implicados, xogadores e adestradores, que comentan que a liga se fai moi corta e que agora se produce un alongado parón ata que comeza a Copa Deputación. Nalgúns pobos e vilas os equipos van a menos e terminan desfácendose (pasou no pasado ano con casos como o Parga ou o Momán), o que fai pensar que poidamos estar outra vez no punto de suprimir a Terceira. Unha categoría creada hai non moitos anos co obxectivo de darlle o seu espazo a gran cantidade de equipos que se formaron na provincia. Non obstante, hai algunha voz contraria que afirma que xuntar todos os equipos na Segunda faría que as diferenzas entre eles aumentara. Os conxuntos que ocupan postos baixos na Terceira quedarían moi descompensados nunha categoría superior con respecto aos rivais máis potentes.

O certo é que este sistema non se sabe canto poida durar, pero a mínima de que algún dos clubs que participa se de de baixa, cada vez será menos viable. Algo que se nos poñemos a mirar noutras categorías só pasa na provincia de Ourense, onde tamén hai dous grupos de Terceira: un con só dez equipos e outro con once.

Facer una única terceira semella ser algo impensable porque a distancia entres os equipos da provincia máis extensa de Galicia é considerable. Por iso, á marxe de que a cousa continúe como está, a solución podería pasar por crear un grupo a maiores na Segunda. Na actualidade habería 56 equipos entre todos, e podería organizarse un grupo norte, outro centro e un sur.

De momento son só hipóteses, agardemos que a decisión que se tome coa Terceira sexa a mellor para o fútbol lucense.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

2 ComentariosDeixa un Comentario

  • Unha idea q se comentou fai tempo…
    Duas primeiras: Lugo norte e Lugo sur
    Três segundas: norte, centro e sur

    Só é cuestión de sentarse a falar…

    • Sería outra solución a ter en conta. Deste xeito evitaríase que houbese tanta descompensación entre os equipos potentes da Segunda (que estarían en Primeira) e os equipos menos fortes da Terceira (que competirían na Segunda cos seus rivais habituais e cos máis débiles da Segunda).

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*