#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Palabra de… Mario Gómez: «Que bonito é o fútbol»

Hoxe teño a sorte de ter voz neste medio grazas á enorme predisposición da xente que fai isto posible, á cal me mostro moi agradecido por ofrecerme este espazo de expresión. Tamén estou aquí escribindo por culpa de Gabriel Labrada, un dos mellores amigos que me deu o fútbol.

Dado que se me brindou esta oportunidade, gustaríame facer un repaso dos meus pasos polo mundo do fútbol e como, pouco a pouco, medrando sempre co balón preto, fun aprendendo o que vale a pena de este fermoso deporte.

Comecei a dar as miñas primeiras patadas ó balón na Escola de Fútbol de Viveiro. Eu era un neno de 5 anos que se divertía xogando, ignorando por completo que 20 anos despois, esas gañas de xogar non ían diminuír.

Formeime nas categorías inferiores do Viveiro CF ata os 12 anos. Con esa idade din o salto a Infantil e á miña primeira experiencia no fútbol 11. Recordo xogar no campo do Cembedo cando non había o céspede artificial que hai agora. Recordo adestrar en pequenos campos de terra con porterías que tiñan os paus cadrados, pero nada diso importaba, solo o balón. Foi una tempada moi boa na Liga da Costa con Fran Basanta como adestrador.



A seguinte tempada viría chea de cambios. Asinei co CD Lugo para xogar alí como Infantil de segundo ano. Recordo estar moi ilusionado xa que ía a xogar contra equipos mellores, adestrar máis e probar una experiencia distinta. No CD Lugo estiven 6 tempadas, ata rematar a miña etapa de xuvenil.

Non fun o único rapaz que se foi xogar ó CD Lugo xa que Andrés Bustelo e Juanjo Coello tamén asinaron ese ano. Nese momento non sabía que se ían convertir nos meus mellores amigos. Pasamos de adestrar 2 días á semana e vernos de vez en cando, a adestrar 4 días,mais vernos o día de partido. Foron moitos viaxes en coche de Viveiro a Lugo ida e volta para ir a adestrar. Semana tras semana. Ano tras ano. A nosa relación cambiou. Pasamos de ser de simples compañeiros en Viveiro a convertirnos en irmáns, que é o que somos hoxe.

A etapa no CD Lugo foi a mellor da miña vida a nivel deportivo. Tiven a sorte de xogar a Liga Galega e a División de Honra tanto cadete como xuvenil. Adestradores magníficos como Antonio Gómez ou Ramiro Amarelle, e moitísimos compañeiros incribles tanto no campo coma fóra. Moitos deles seguen disfrutando do fútbol en 2ªB, Terceira, Rexional Preferente…etc. Mais alá dos altibaixos deportivos e de ter que estudiar no coche, o importante era que xogaba con amigos nun club que sempre se portou moi ben comigo. Eses anos medrei como futbolista pero sobre todo como persoa. Valores do club como o respeto, o compañeirismo e a educación sempre deben estar presentes e máis aínda mesa etapa da adolescencia tan complicada.



O primeiro ano como sénior foi complicado. Comecei a tempada no Carral na Rexional Peferente pero en inverno quería cambiar de aires e asinei polo Xove Lago na Primeira Rexional. O adestrador era Suso Martínez do cal gardo moi bo recordo e me deu moita confianza.

Tras ese ano complicado tiven que facer un parón dun ano debido aos meus estudos. Marchei un ano a Italia e era imposible compaxinar estudos co fútbol naquel momento.

A seguinte tempada volvín cas pilas cargadas e moitas ganas de xogar. Volvín ó Xove Lago e reencontreime cos meus amigos, Andrés Bustelo e Juanjo Coello. Non contei con apenas minutos pero rematei o ano no club grazas ó seu apoio e ó segundo adestrador, Bruno Gómez. Este último merece especial mención xa que tivemos moitas charlas e descubrín nel unha das mellores persoas que me atopei no fútbol. Sempre lle estarei agradecido.

A tempada pasada tocou deixar o fútbol nun segundo plano de novo, xa que marchei aos Estados Unidos por motivos laborais. Volvín a Galicia en novembro e xa tiña de novo o picor no corpo. Quería xogar. Esta vez, o Folgueiro, equipo da Segunda Rexional, deume a oportunidade. E aquí a miña gran sorpresa. Neste club vólvome sentir feliz xogando. Tras 2-3 anos de idas e voltas, cheguei ó Folgueiro e sentinme querido desde o minuto un. Directiva, adestrador, compañeiros e incluso afeccionados. A día de hoxe son inmensamente feliz adestrando e xogando con esta xente que me rodea e que son todos marabillosos.

Gustaríame rematar dicindo que, baixo o meu criterio, o fútbol é un dos deportes máis sacrificados pero que todo sacrificio vale a pena se che fai feliz, e que niso se debe basar esto. Espero que todo o mundo que xogue a este marabilloso deporte, disfrute del e sexa feliz na circunstancia que a cada un lle toque vivir.



‘’Sentirte feliz como persoa é superior a calquer triunfo, así o vexo’’ – Andrés Iniesta

Mario Gómez. Xogador do Folgueiro

Fotografías: Antonio Vaztra

Palabra de… Mario Gómez: «Que bonito é o fútbol»

Novo sistema na Copa 2019 na Terceira

Palabra de… Mario Gómez: «Que bonito é o fútbol»

Trío de Ases Terceira (Xornada 28) e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *