Todos pensaredes que son un rapaz da xeración de Asier ou Dani Chao polo ben que me conservo. Pero nada de eso, xa teño 32 anos e levo unhos 23-24 anos neste mundillo. Gustaríame contarvos algunha que outra anécdota, e algunha cousa que aprendín ao largo destes anos.
Sempre me acordarei de cando de nenos íamos á Darsena adestrar. Onde esta feita a piscina municipal de Foz. Campo de terra, cheo de pedras, barro, auga e frío a partes iguais. E baixar correndo dende o Martínez Otero ata alí co aluminio petando polas rúas.

https://www.cdlustore.com/13-equipaciones

De eses anos no Foz, cando era xuvenil e ías cos maiores… Cando xogabas con xente que traía moitos kilómetros nos campos de fútbol coma Chasis… Que rezabas por ir del nas pachangas e posesións (era duro de máis). Ou as míticas rabonas de Toni Burgo. Era unha plantilla dunha calidade incrible. Había tanto nivel naquel equipo, que xoguei solo un partido titular, e foi porque Alberto López deixara a Recalde no banquillo por chegar tarde… E aínda por riba pillarao o radar indo para o campo do Xove. Bo día ese.

A Burunda e Tristán, que pasen os anos que pasen, xeración tras xeración solo teño admiración e respecto por eles. Dous formadores de persoas e despois de xogadores. Sempre lles estarei agradecido por todo o que nos ensinaron.
Cando Marcos Ron sendo cadete veu convocado co equipo de Preferente na copa a Roupar. E parou os 5 penaltis que lle tiraron. Non recordo ver a Dani Chin meter ningún penalti. Pero sempre admirarei a valentía coa que semana tras semana seguía intentandoo. Sempre sen sorte. Contan por aí que algún meteu. Pero eu non estou seguro de que sexa certo.
Sempre recordarei a Villarino, un home que se desviveu polo club, polos xogadores e pola afección. Como te botamos de menos Villa….
No meu paso polo Cangas, descubrín como era un vestiario de amigos. De xente que xogaba por amor ao fútbol. Eu viña de Foz e de Valadouro. Dous clubes cunha política totalmente diferente ao que me ía atopar en Cangas. O ambiente era magnífico. As cenas insuperables… Pena que se desfixera ao ano seguinte porque senón seguramente botase moitos anos nel.
Un día xogando contra o Iberia, meu primo Ero que era central alí, dixo: se me mete Jaime (actual entrenador meu en Burela) de cabeza corto os collós. Jaime meteu tres. Dous deles de cabeza e un de penalti. Ero foi papá hai pouco, non debeu cumplir a promesa.

No meu breve paso polo Riotorto, habrá uns 11 anos, Lourido xa era veterano. Un dos xogadores máis míticos que coñezo. Gran capitán, mellor persoa.
Recordo dos meus anos no Valadouro unha gran afección. Alí consumei dous descensos e un ascenso. E a afección sempre nos apoiou tanto no bon, como no malo. Solo teño palabras boas para esa afección.
Tamén o día no que xogando contra o Foz no Martínez, eles meteron o 2-0 e no saque de medio, o mítico Javibi cheo de rabia… Sacou e tirou contra a nosa porteria (tiña pouco xenio o vello).
Recordo a Bruzos, o ano do ascenso do Valadouro, xogando contra o Xermade, na antepenúltima xornada, que lle rompera unha bota e a amarrara con cinta aislante e unha brida. Esa foi a bota coa parou o penalti que nos deu o ascenso ese sábado.
O primer ano que xoguei no Ribadeo fixéranlle unha falta a Chinco. E querían tirala el e Álvaro o da Devesa. Discutiron un bo cacho, ata q dixo Álvaro: tira tu Chinco… Xusto antes de coller a carreira Chinco, Álvaro pegoulle o balon para fóra de banda aposta, solo por fastidialo. Equipo e contrarios ríndonos ao unísono do pobre Chinco que pediu o cambio envolto en chamas.
Que plantilla en Ribadeo!! Eramos bos xogadores os domingos, pero os sábados de noite non nos ganaba naide. Vaia perigo esas tres temporadas.
No meu regreso a Foz, no que solo estiven tres meses, recordei porque Foz sempre será un club grande. Sínteste da familia desde o primeiro día. Non recordo a ningún xogador queixarse xamais do trato recibido por parte da plantilla, pasa a xente e ano tras ano sempre falan marabillas dos vestiarios do Foz. Despois de pasar unhos anos no ‘inferno’ de Segunda, volven estar onde se merecen. Están facendo as cousas moi ben, así que espero que sigan nesa liña ascendente e poidan chegar a loitar polo ascenso a Terceira División.
Tamén un día na Cheda xogando contra a Residencia, o noso porteiro de aquel ano, deixounos colgados no descanso porque se ía cear coa moza e os sogros. E tivo que xogar Ayoub toda a segunda parte de porteiro. Foi o mellor partido de Ayoub aquel ano.
As 50 leis de Dourao para non perder nunca unha pachanga nos adestramentos.
En Xove, vivín seguramente a mellor temporada de todas. O mellor vestiario que me atopei sen dúbida. Aínda seguimos quedando para cenar ano tras ano. Mencionar ao señor Naya que nos cuidaba como naide, e a Suso Martínez aos mandos, que facía que todo fose funcionase coma unha gran familia. Pena que como moitas outras veces as directivas non teñan a altura das circunstancias. E se rompese todo o que construiramos por unha moi mala xestión.
E por último o meu paso en Burela. Cando cheguei, a directiva eran dous xogadores e un afeccionado. A xente do pobo debería estarlle eternamente agradecida a estes señores, que sendo xogadores fixeron seu o club nesas dúas temporadas. Hai que ter moito valor para meterse neses berenjenales. Tamén a Rega e a Javi, que tanto descendendo e ascendendo, nunca houbo unha palabra mala. Solo apoio e axuda para que todo fose a mellor.
Recordo descender e pasar ese ano no dique seco por culpa dunha lesión. E o gol de Moreda en Roupar, que un ano despois nos daba o ascenso. Un cabezazo emulando ao mesmísimo Messi contra o Manchester naquela final de Champions. Igual que tamén recordo ese cano que lle fixo Lito o da Panorama. En Burela levo con esta seis temporadas. E teño moitas máis historias que xa vos contarei na siguiente edición.
Pero o que sempre, sempre recordarei, e todos os amigos que fixen ao longo dos anos no fútbol. Todas esas amizades coas que compartín vestiarios, momentos bos e malos. Que pasen os anos que pasen sempre te alegras cando ves e te paras a falar ou tomar algo con eles. O grande e o único que realmente importa ao final de todo é eso: a xente coa que te quedas, os grandes recordos que terás toda a vida e as experiencias que te levas. O resto, para min, é secundario.
Comparte
                              

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*