#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Palabra de… Brais Prieto: «Só é fútbol, din…»

Cando me ofreceron realizar o seguinte artigo, non sabía de que ía falar unha persoa coma min, alguén que leva pouco máis de dez anos xogando ao fútbol e aínda non dous de sénior. Así que o que decidin é contarvos a miña curta experiencia e reflexionar sobre algunhas pequenas cousiñas nas que penso de vez en cando.

Dende que debutei como chamaba fai catro días, coma quen dice, cos «maiores»; vivín tres etapas que sen duda ningunha volvería a repetir e que quero compartir con vós. Comezo dende fai pouco máis de catro anos, no Foz, no que estiven prácticamente toda a miña vida futbolística nas categorías inferiores. Dende aquel máxico debut cos sénior en Segunda Rexional que nunca olvidarei, metendo o gol que nos daba vitoria sobre a bucina; gardo unha gran cantidade de bos recordos e risas. Asistir aos adestramentos naquela época, que coincidía coa miña etapa no bacharelato, era un momento de liberación, de pasarme toda a tarde metido na habitación estudando, que como dice meu pai sempre é o primeiro; esperando que chegara a hora do adestramento para poder saír de alí e arrancar desde Ferreira na moto para Foz facer o que máis me gustaba. Acórdome do Canario que sempre me decía que me estaba rindo e como non me ía rir co ben que o pasábamos con Bruzos, con Cayón, con Gayol, con Nacho e moitos outros máis. Nesta época foi cando verdadeiramente descubrin o bonito que podía chegar a ser o fútbol e da que gardo unha gran cantidade de recordos incribles que non chegaría a poder contarvos completamente neste escrito.

Antes de seguir, gustaríame facer unha pequena opinión persoal acerca de por qué creo que me gusta tanto asistir aos adestramentos. Que tamén ten relación cos pequenos e pequenas que comezan a xogar ao fútbol por decisión de seus pais por encima deles. Creo que o verdadeiro amor por practicar este deporte, por ‘perder’ fins de semana enteiros adicados ao fútbol, por querer asistir aos adestramentos chova, neve ou haxa temporal; é algo que sae de dentro de nós e pode que algúns nenos o sintan dende pequenos. Outros comecen a sentilo máis maiores e outro nunca cheguen a sentilo. O importante é que este sentimento salga de cada un e non sexa forzado en ningún caso, xa que nesas situacións é cando os rapaces, chegados a unha idade na que eles mesmos poden decidir que facer coa súa vida, deixan o fútbol por non querer asistir aos adestramentos nos que nunca o pasaron ben, poñendo fáciles excusas como que teñen que estudar. Unha persoa que ame o que fai sacará tempo de onde sexa para poder facer o que lle gusta, e se non é asi, é que realmente non está enamorado do que fai. Esta é un pequena opinión propia que considero que pode servos útil para calquer aspecto da vida e que sempre admirei da educación que meus pais me deron. O poder decidir que facer sen ningún tipo de obligación, facelo polo meu propio interese.

Seguindo onde quedaramos, despois dun bonito aínda que curto ano e medio no Foz, no que logramos o ascenso a Primeira, fixemos unha boa temporada nesta categoría e compartín vestiario con bos amigos; tiven a gran oportunidade de poder unirme ás filas do Lugo División de honra xuvenil. Ese ano, que tamén era o meu primeiro ano vivindo fóra da casa, foi o que máis aprendín e o que máis disfrutei xogando sobre un campo de fútbol. Facíamos viaxes longos para xogar contra equipos míticos cos que nunca me enfrentara como o Depor, Celta, Sporting, Racing de Santander… E adestrabamos todos os días a un nivel altísimo. Desta etapa gardo uns recordos incribles, que sen dúbida nunca olvidarei, e un montón de amigos tanto dos compañeiros do campo como do corpo técnico.



Inscríbete aquí

Unha vez rematada a competición coa que pola miña parte quedei especialmente satisfeito, volvín preto do remate da tempada ao Foz para poder botar unha man para lograr o ascenso a Preferente. Xogando o primeiro partido en Monforte contra o agora tamén equipo de Preferente Lemos e logrando o ascenso.

Rematada a temporada, tomei unhas das mellores decisións que teño tomado, uníndome ao cadro de xogadores do Ribadeo. Adapteime facilmente a un cadro de xogadores dos que podo dicir que todos os seus integrantes son bos amigos meus e coñecín mesmo algunhas persoas que considero como irmáns. Coma Lucky, Aitor, Javi Prieto entre outros. Ao igual que se di cos amigos (que son a familia que se escolle)  creo que en Ribadeo formei unha segunda familia incrible e que seguimos mantendo pese a algunhas baixas importantes que se botan moito en falta. A temporada pasada foi unha temporada inesquecible, tanto no futbolístico, facéndonos coa copa, como no persoal, e esta parece que está a ir polo mesmo camiño.

No fútbol podo decir que aprendín máis cousas fóra do campo que incluso no campo, que xa é decir e por eso me fastidia cando oigo a algunhas persoas decir a popular frase de «solo é fútbol». Claro que solo é un deporte e que hai cousas máis importantes na vida, pero tamén é o deporte que me ten feito chorar, o deporte polo que levo estado toda unha semana molesto por ter perdido o domingo anterior, que me ten dado unha infinidade de marabillosas anécdotas. E que, sobre todo e máis importante, me ten feito coñecer unha infinidade de persoas e amigos que comparten a mesma paixón ca min. Así que, se para min, para unha persoa que leva catro días nesto, non é solo fútbol, imaxínate o que será cando leve toda unha vida.



Para ir remantando teño que expresar que, sen ningunha dúbida, as etapas que vos contei son os mellores anos que levo vividos no fútbol. Aínda que non poido poñer a máis mínima pega de ningún dos outros, e que me fixeron poder saber apreciar este deporte que tanto amo e poder chegar a contarvos a miña curta aínda que intensa experiencia. Que seguro seguirá aumentándose nos vindeiros anos aos que soamente lles pido unha cousa, que señan tan bos como os xa pasados.

Por último, quería darlle as grazas á xente de Futbolinlugo por darme a oportunidade de poder escribir este texto e polo traballo que realizan semana tras semana no noso querido fútbol.

Un saúdo.

Brais Prieto Cobas. Mariñán e futboleiro. Xogador do Ribadeo.



Palabra de… Brais Prieto: «Só é fútbol, din…»

O partido en imaxes: Río Sil-Becerreá (1-1)

A Sarriana goleou no derbi provincial a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *