Nun primeiro lugar gustaríame agradecer a FutbolinLugo a posibilidade de escribir unhas verbas nesta páxina que tanto está a facer por darlle visibilidade o fútbol máis modesto. Entre os diversos temas que me viñeron á cabeza cando Diego me propuxo isto, elexín daros a lata coa importancia que teñen na miña opinión as familias no proceso de formación dun futbolista e dunha persoa. E en concreto quero falar do meu pai, Pedro Figueiras, un pilar básico na miña vida, o cal lle tocou vivir a experiencia de ser pai dun gardamallas, algo se cabe, menos doado que selo dun xogador.
Dende que eu era pequeno sempre tivemos unha conexión especial polo tema do fútbol. Él xogou no Lemos de xoven polo que sempre foi afeccionado a este deporte e cando iba a ver o Madrid o bar suplicáballe ir a velo con él.
Sempre animoume a facer o que máis me gustara e iso foi poñerme debaixo dos tres paus. Recordo que aínda que por mor do seu traballo tiña pouco tempo libre, sempre facía esforzos por intentar levarme a adestrar ás Gándaras e cando acababa o adestramento, se non podía vir a recollerme xa se encargaba de falar con alguén para que me levaran a casa.
Cando chegaba o fin de semana, sempre amañaba para ir verme ó partido, daba igual que xogáramos na casa como fóra, él sempre aparecía no campo e a min sinceramente ilusionábame que me viñera apoiar, facíame sentir máis seguro.
Aínda que tivera un mal día e as cousas non me saíran como quería e cometera algún erro, o acabar o encontro o único que facía era darme un bico e preguntarme que tal o pasara. Nunca me recriminou un erro e moito menos criticoume, polo que rápidamente olvidaba o partido ou a mala actuación.
Si que se poñía moito máis serio, se vía algunha actitude miña co rival, cos adestradores ou cos árbitros que non lle gustaba… Por aí non pasaba, sempre dicía que o primeiro era o respeto e a educación.
E falando de respeto e educación, sempre que viña a ver os meus partidos nunca o oías dicir nin unha soa palabra mala a ningún integrante do terreo de xogo, algo do que me sento moi orgulloso.
Cando fun avanzando categorías e algunhas veces non disfrutaba de tódolos minutos que quería, sempre que me vía triste transmitíame o seu pensamento de non dar todo por perdido, de esforzarme máis que nunca nos adestramento, a non dicir nin unha soa palabra nin reproche e a demostrarlle o adestrador que eu estaba preparado para todo.
Outra cousa innegociable para o meu pai, era o tema dos estudos. Se quería ir a adestrar e xogar, despois tiña que estudar e facer os deberes. Teño que dicir que meu pai nunca me castigou sen ir adestar por non acadar resultados académicos, xa que entendía que eu me comprometera cuns compañeiros, os cales non lles podía fallar.
Pero o que máis me gustaba e que si por algún motivo rondábame pola cabeza a idea de deixar todo (cousa que pasa algunhas veces na vida dun porteiro) él so dicíame que quería que eu fose feliz, facendo fútbol ou outra cousa. Pero nunca me meteu ningún tipo de presión, polo que sempre entendín este deporte como un hobbie para divertirme e ser feliz facendo o que máis me gustaba.
Creo que con todo isto, o meu pai pouco a pouco foime transmitindo uns valores deportivos e educativos me fixeron mellor persoa nun principio e mellor deportista, entendendo que esto do fútbol ten moito que ver coa vida.
Hoxe en día, xogue na categoría que xogue, o meu pai sempre que pode aparece polas bancadas e cando o vexo, para min e un motivo de ledicia ver como a persoa que tanto se preocupou por min e apoioume cando era un neno, segue estando aí.
O pasado mes de Xuño, gañamos a Copa Deputación co San Lázaro na tanda de penalties, e eu tiven a fortuna de parar tres penalties. A primeira persoa a que me apetecía abrazar para celebralo era a ÉL, o que sempre que sempre estivo aí, para educarme, guiarme e apoiarme, independentemente dos resultados ou da miña actuación .
Con sinceridade penso que co meu pai igual que co resto da miña familia tocoume a lotaría e son un gran exemplo do rol tan importante que poden chegar a asumir as familias no proceso de aprendizaxe dun deportista. Polo que coidade cada xesto, cada palabra, cada momento cos vosos fillos/as xa que sodes os seus referentes e aos que lles transmitireis os valores e a educación que terán. Un saúdo e a seguir disfrutando deste deporte.
Borja ‘Pipita’ Figueiras. Xogador do San Lázaro. Gardamallas de día, porteiro de noite.