O Guitiriz afianza o seu posto e o Pol entra dentro da zona de ascenso directo á Primeira Galicia. No grupo sur, o filial do Chantada permanece no alto da clasificación con máis vantaxe con respecto ao segundo posto. A dúas xornadas do final da primeira volta (e sen haber liga esta fin de semana) salientamos algúns dos máis destacados nos nosos onces da décimo terceira xornada.

No grupo norte, o Guitiriz segue ao seu; imbatido e sumando a cuarta vitoria consecutiva, neste caso diante do Abadín. A segunda posición agora é para o Pol que derrotou ao Roupar pola mínima e aproveitou o empate do Cabreiros co Lourenzá nun dos duelos da xornada. Aínda así, a clasificación segue apretada. O Burela e o Folgueiro encargáronse diso logo de vencer ao Cospeito e ao Ourol, respectivamente. Quen volveu gañar foi o Iberia nos últimos minutos do encontro en fronte dun Ourol que conseguiu empatar un 0-2 na súa contra. Os reis do empate na categoría foron fieis o seu resultado máis habitual nesta temporada e contaxiaron os seus rivais. O Meira (5 empates) igualou diante do Mondoñedo; e o Matela (tamén cinco empates) fixo o mesmo ca Candelaria.

No grupo sur, o Chantada B sumou o seu sétimo partido imbatido despois de vencer con claridade ao Antas. Aproveitou tamén o empate do segundo clasificado, o Oural, que só foi quen de igualar na casa diante do SD Becerreá. Situación que aproveitaron o Chantada Atlético, o Friol e o Sporting Lucense para achegarse aos postos de ascenso directo xa que venceron nos seus enfrontamentos co Milagrosa, Castroverde e Portomarín, respectivamente. Pola contra, o Santa Comba e o San Lázaro perderon algún punto con eses equipos ao empatar entre eles. As outras dúas vitorias da xornada caeron para os outros dous equipos da Ulloa. O Monterroso B derrotou ao Brollón e o Palas venceu ao Rubián.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*