A loita polo ascenso semella estar cara, por iso que no grupo norte produciuse de novo un cambio de líder. O Guitiriz volve ó primeiro posto logo de gañar no Suso Cruz e aproveitarse do duelos directo que se disputaba na fin de semana. Meira e Cospeito quedaron sen xogar o seu partido na tarde do sábado. No grupo sur, o Friol distánciase con respecto ao segundo, un novo inquilino ocupa ese posto, o Oural. Os dianteiros estiveron moi atinados de cara a portería.

No grupo norte, o Guitiriz aproveitou a derrota do Cabreiros para recuperar o liderado da categoría ao gañar, despois de tres partidos sen facelo, á Candelaria. Empatado a puntos no segundo posto está o Burela que sumou a súa quinta vitoria consecutiva ao derrotar ao Matela. A un punto queda agora o Cabreiros, que perdeu na casa nun dos duelos diante da xornada ante o Pol. Segunda vitoria para o cadro polense no segundo partido de Roberto Rielo como adestrador. No medio dos dous equipos está o Lourenzá que a pesar de perder contra o Folgueiro mantense por diante na clasificación. O equipo adestrado por Diego Rego puxo fin á xeira de catorce encontros sen coñecela derrota, pero caeu dando a cara.

 

O Roupar medra na táboa coa súa segunda vitoria consecutiva logo de vencer ao Alfoz nun encontro igualado no que dous penaltis a prol do equipo dirixido por Diego Dopico desequilibraron a balanza. Tamén gañou o Iberia nun Municipal enlamado por un resultado axustado diante do Abadín que lle permite sacar certa distancia cos potos de abaixo.

No grupo sur, o Friol venceu con moita claridade ao Antas nunha cita na que destacaron os dous dianteiros do cadro de Rafa Casanova: Alberto marcou catro goles e Dani fixo tres. Cinco puntos sepárano agora do Oural que ocupa postos de ascenso directo logo de derrotar ao Sporting Lucense con tres goles de Fito e aproveitar outros resultados favorables aos seus intereses. Como o empate do Chantada B diante do Santa Comba. Un dos duelos da xornada que se resolveu con tres goles de Xende para os locais e o balón parado que foi por onde chegaron os tres goles do conxunto visitante. O equipo adestrado por Rubén Bergantiños mesmo fallou un penalti. Non baixa a garda o Chantada Atlético que venceu con claridade diante do Palas. O San Lázaro tamén se aproxima a postos altos ao ser superior ao Rubián, en parte, grazas a tres goles de Jose Lopez e a dous de Martín Barreira, un dos mellores do encontro.

 

O Monterroso B non tivo o seu día diante dun Portomarín que segue contando con Óscar López nun bo momento, o dianteiro volveu facer un hat-trick. O Brollón volveu ao camiño da vitoria ante o SD Becerreá ao que tamén superou na táboa clasificatoria, en parte grazas a parada de penalti de Juanjo. Na parte baixa tamén destaca a vitoria da Milagrosa; oito xornadas despois conseguiu un importante triunfo diante dun rival directo, o Castroverde. Joshua debutou na portería do equipo vermello e branco.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*