A última batalla xa está definida. A loita pola Copa da Preferente e Primeira xa só é cousa de dous. O Monterroso e o Lugo B terán que atravesala provincia (sobre todo no caso do primeiro) para ir na búsqueda do título o vindeiro domingo ás 18:30 da tarde en Cantarrana. Os dous conxuntos superaron con solvencia aos seus rivais da penúltima rolda e ocupan por iso a maior parte dos postos no once ideal.

No duelo de equipos da Primeira Galicia, o Monterroso estivo moi atinado de cara á portería e derrotou por 5-1 ao Riotorto. No último cuarto de hora da primeira metade o encontro xa se lles puxo moi de cara aos locais cun 3-0 a favor. Jorge recurtou distancias á voltas dos vestiarios, pero una vez máis a pegada do equipo vermello foi determinante. Porto, Hugo cun gol, Crespo con outro e Melchor con dous foron os máis destacados do encontro. O conxunto de Cerdeiriños que estivo preto do ascenso a Preferente ten agora a oportunidade de rematala temporada con moi bo sabor de boca.

Pola súa banda, o Lugo B venceu por 3-0 ao Lemos no choque da Preferente. O equipo de José Durán tivo que agardar a segunda metade para adiantarse no marcador, pero terminou sentenciando e sen darlle apenas concesións ao rival. Javi Liz, cunha gran intervención, Julio Camba, Pablo Rey, Marcos e Cuadrado foron os máis destacados polo filial albivermello. No Lemos quedamos coa actuación de Diego Arias, nos seus intentos de guiar o ataque lemista. O Lugo B que tamén loitou polo ascenso ata o final de temporada ten unha gran opción de poñerlle un bo punto final a este curso.

Comparte
                                          

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*