O Lugo B é o campión da trixésimo cuarta edición da Copa de Preferente e Primeira ao gañar por 0-2 ao Monterroso en Cantarrana. O encontro estivo moi igualado, marcado por unha alta intensidade na que non se notou a diferenza de categoría entre os dous conxuntos. O Monterroso tivo opcións para adiantarse na primeira metade, na que o club vermello chegou a pedir un penalti sobre Crespo que o árbitro non decretou. A falla de puntería condenou ao conxunto de Alejandro Vázquez, xa que no segundo acto o filial albivermello adiantouse nun balón que lle caeu dentro da área a Adrián García. Non se rendeu o Monterroso pero o equipo de José Durán controlou máis o choque e acabou sentenciando cun gol de Yeray no minuto 88.

Os máis sobranceiros do partido teñen a súa representación no último once da temporada 2016/2017 de Futbolinlugo. Na portería quedámonos co traballo de Javi Liz que salvou ao seu equipo coa axuda do pau nunha gran intervención. Na liña defensiva, Iago Vázquez, a pesar de que chegou tarde no centro que ocasiona o primeiro gol rival, tivo una liña moi regular durante todo o enforntamento. Julio Camba, que salvou un balón que dende a grada se vía dentro, liderou a súa defensa e Porto, que fixo o mesmo no bando que actuou como local . No lateral esquerdo Pablo Rey demostrou non ter fondo físico nos noventa minutos.

Último once da temporada 2016/2017

No centro do campo, Fer e Hugo, tivo as ocasións máis claras para o equipo da Ulloa, lideraron os mellores minutos do Monterroso principalmente no segundo tramo da primeira metade. Luis Díaz acabou a temporada como a comezou e mostrou, unha vez máis, as dotes defensivas e de orde que o caracterizaron toda a campaña.

Na liña máis adiantada, Loren foi unha das referencias do ataque monterrosino e Dani Renda volveu guiar co brazalete de capitán ao ritmo de xogo do equipo da capital lucense. Na punta do ataque quedámonos co traballo de Crespo que protagonizou numerosas opcións de pelexa e nunca deu un balón por perdido, a pesar de non estar atinado de cara o gol.

Comparte
                                       

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*