Unha nova entrega de As Nosas Redes Falan. O PM Friol e o Athletic Club B estiveron un minuto sen xogar ao inicio do partido. O Muimenta deulle visibilidade á campaña En Negro Contra As Violencias. O Celta Barreiros comezou a preparar o derbi co Alfoz nas redes sociais.

Solidariedade coa folga das compañeiras

Foi unha fin de semana de folga na Liga Iberdrola. As futbolistas reclaman un convenio xusto e equitativo. Non se xogou ningún partido. Mentres na Reto Iberdrola a xornada desenvolveuse con normalidade. Iso si, no encontro que o PM Friol xogou na Reigosa ante o Athletic B amosaron a súa solidariedade coa folga no primeiro minuto de xogo. Esta tarde o paro foi desconvocado. As partes acordaron dar marxe ata o próximo 20 de decembro para pechar un acordo satisactorio e definitivo. No tocante á competición o Friol perdeu o seu partido. O filial vasco amosou a súa superioridade. Colócase terceiro na táboa clasificatoria. O Friol é 12º con tres puntos de diferenza con respecto ao descenso.

O Muimenta en negro

O cadro celeste sumouse á campaña En Negro Contra As Violencias. É unha iniciativa dirixida como nestes últimos anos aos concellos, colectivos e empresas que teñan vontade de desenvolver accións específicas contra a violencia machista. O Muimenta aproveitou para facelo este sábado no Pichón. O equipo perdeu na 10ª xornada da Segunda Rexional ante un Xermade que foi superior.

Derbi á vista no Municipal

Aínda sen pasar a resaca desta xornada, nalgúns equipos xa pensan na seguinte. O Celta Barreiros xa quenta motores  para o derbi da próxima fin de semana. O cadro de Barreiros xogará no Municipal de Alfoz. O conxunto celeste publicou un vídeo promocional marcado polo camiño que uniu aos dous equipos o curso pasado na procura do ascenso á Segunda Rexional. Os dous equipos chegan despois de empatar nesta xornada. O Alfoz saíu dos postos de ascenso directo; mentres que o Celta continúa na zona media alta da táboa.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*