Fíxose de rogar. Tiveron que pasar xornadas para que o PM Friol acadase os seus primeiros puntos lonxe da Reigosa. E o fixo ao grande, vencendo a todo un Sporting de Gijón en Mareo (0-1) cun gol de Fanny no minuto 2 que serve ás lucenses para afastarse da zona de peligro e afianzarse na parte media da táboa.

Por outra banda, o seu filial, que compite na Primeira Galicia, caeu na casa de outro filial, o Victoria CF «B», por 2-1. O Fútbol foi cruel coas de Covi, que tras facer un partido encaixaron o gol da derrota no minuto 90. A SD Antas, porén, competiu moi ben ante un dos mellores equipos da categoría, o Orzán SD, e sacou un punto (2-2) tras unha moi boa segunda parte na que igualaron o 0-2 co que se foron as coruñesas ao descanso.

Na Segunda Galicia destacou a suspensión do duelo entre SD Chantada e Portazgo, ademáis da volta á senda da victoria do CD Lugo (0-7 ante a UD Carral -o acta oficial recolle ese resultado, pero o árbitro esqueceuse de anotar un gol-) nun partido moi serio que se puxo moi de cara con dous goles nos primeiros 10 minutos. A SG Comercial, pola súa banda, empatou co Victoria CF «C» (0-0), un rival que fixo un bo partido pero ao que as lucenses poderían ter superado de buscar a victoria con máis ansia nunha tarde condicionada polas malas condicións atmosféricas.

Asemade, o Carballedo CF caeu 5-0 co Sporting Cambre, un rival superior que non quixo facer unha gran ferida aproveitando o enorme número de Baixas das lucenses, quen pese a isto fixeron un partido moi digno. No Fútbol-7, a SD Burela venceu 0-8 ao Sporting Burgo «B», e a SCD Milagrosa empatou a dous tantos co Sporting Cambre «B». 

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*