#Fútbol afeccionado #Fútbol Base

O balompé da capital abre as súas portas ao fútbol base

Mentras a campaña vai chegando ao seu fin, a primavera entra no seu máximo esplendor e invita a sácalo balón do cuarto e botalo a rodar polos prados, prazas ou parques. A época na que moitos nenos e nenas se ilusionan co fútbol e deciden iniciar a práctica deste deporte amparados por un club. Nestes días moitos equipos da provincia abren as súas portas e animan aos novos valores a probar sorte vestindo as súas respectivas camisolas.

Un destes equipos é a Comercial, cuxo conxunto sénior ascendeu este curso á Segunda Rexional. Estas son as primeiras xornadas que organiza a actual directiva e teñen un obxectivo claro segundo o seu vicepresidente, Lolo: «Non se pretende ensinarlles aos nenos a xogar ao fútbol. Simplemente animarlles a coñecer en primeira persoa ás intencións da directiva da SG Comercial de apostar polo fútbol base sen descoidar o fútbol afeccionado». O club quere potenciar as categorías no fútbol base: «O propósito  é ofrecer aos rapaces de base a oportunidade de acompañalos nesta n0va andaina e ter conxuntos representándonos nas categorías de base nas que se poidan conformar equipos«, apunta Lolo. As xornadas da Comercial comezarán a vindeira semana no campo das Gándaras.



Tamén o Sagrado Corazón comezou xa o seu periodo de captación de novos xogadores e xogadoras. Durante un mes poden adestrarse gratuitamente nas distintas categorías coas que conta o club con nenos nados entre o 2000 e o 2014, é dicir, os que se corresponden coas categorías xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e biberón.

Un mes tamén é o tempo que destina a Milagrosa para a incorporación de máis nenos e nenas a unha das bases máis consolidadas do fútbol da provincia tanto no feminino como no masculino. O conxunto vermello e branco iniciou esta campaña baixo o lema «O futuro es ti» co fin de sumar os maiores interesados posible.

Ao longo dos vindeiros días sumaranse máis clubs de toda a provincia a esta habitual iniciativa co obxectivo de que siga aumentando o fútbol base lucense e sirva de disfrute e aprendizaxe para os nenos e nenas.



 

O balompé da capital abre as súas portas ao fútbol base

O partido en imaxes: S.D. Burela –

Os onces da 1ª rolda da Copa

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *