Ano 2006. Unha época na que os porteiros eran un dos bens máis preciados da Mariña. Por alí andaba eu, con quince anos, no equipo cadete do Viveiro. E chegou o momento no que se abriron de par en par as portas do primeiro equipo. Lesionouse Julio, que agora anda de adestrador (se non me equivoco). E fun convocado xunto a Kiko Mariño as últimas dez xornadas. Iso xunto cos cadetes e os xuvenís. Tiña os sábados e domingos ben ocupados… Non me aburría.

Pita, co Lugo

Falamos de abril daquel ano. O Viveiro xogaba en O Vao ante o Coruxo, na súa última temporada na Terceira División ata o de agora. Eu, obviamente, tiña o meu sitio no banco. Axudei a Kiko no que puiden no quecemento. Incluso lle deixei as miñas luvas, xa que non sei que lle pasaba ás súas. Deixeillas contando que non ía ter que saír ao campo. Pobre iluso…

Javi Pita está na súa segunda etapa como xogador do Vilalbés. 

Na primeira metade daquel encontro, Kiko levou un golpe moi grande. Seguiu ata o descanso coas eternas dúbidas de se era quen de continuar. E a súas correspondentes molestias. No tempo de lecer, parecía que non ía seguir. Aínda así, saiu ao campo na segunda metade. Porén, aos cinco ou dez minutos o seu corpo non aguantou máis. Tocábame xogar, cun 3-0 en contra. Iso era o de menos.

Eu presenteime na liña de banda. Un rapaz de quince anos sen luvas. Kiko saiu trotando, quitando as súas luvas (que eran as miñas) ante a mirada da xente que falaba. E escoitábanse frases como «Este para onde vai, nin guantes ten». Collín os artiluxios para as mans e firmei unha boa actuación. Aínda que me meteron un gol… Onde vai xa aquel 2006… O que está claro é que esa anécdota graciosa sempre a vou recordar. Un debut sen luvas a pesares de telas.

Javi Pita Calvo.O gato do Vicedo’. O mariñán que garda as redes da Magdalena.

Comparte
                                       

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*