#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

José Durán: «Estaría máis tempo pero non son un funcionario»

Un lustro despois da súa chegada, José Durán despídese do club da súa cidade. O adestrador lugués quixo analizar con nós o seu paso polo conxunto albivermello. E tamén o que vislumbra como o seu futuro máis próximo.

FUTBOLINLUGO: Boas José! Parece que a aventura chegou ao final. Agardabas que o adeus fose así?

JOSÉ DURÁN: Pilloume por sorpresa. Ademais creo que foi en pleno confinamento. Martín Murado e Manolo Mandiá -integrantes da secretaría técnica- querían darlle continuidade a este proxecto, que estaban moi contentos. Tiñamos dado baixas e propostas de continuidade e peticións de altas, de feito. Tiña a total confianza. Antes dos cambios no club dixéranme iso. Agora toca respectar totalmente a decisión. Non teño nada que reprochar aninguén. Se é bo para o club, adiante.

«O adeus pilloume por sorpresa, querían darlle continuidade ao proxecto»



FIL: Cinco anos dan para moito. Quédaste con algún momento en especial?

J.D: Quédome con todo. Estou contento e orgulloso do traballo realizado. É algo que queda para o club. O primeiro ano estivemos toda unha volta ou máis de líderes co xuvenil de División de Honra. Creo que o club nunca o conseguira antes. Despois no primeiro equipo démoslle continuidade ao traballo de Luis Milla. Incluso demos un paso máis. Pelexamos cerca do play off moitas xornadas e salvamos a categoría 4 ou 5 xornadas antes do remate, algo moi meritorio.



FIL: Pero a etapa máis longa no club foi no filial. Cal é a túa valoración?

J.D: O primeiro ano consolidámonos na categoría con xogadores moi xóvenes e algunha fichaxe. Pelexamos case ata o final polo ascenso. No segundo ano, ganamos a Preferente. E despois os dous anos de Terceira. É para sentirse orgulloso, contento e feliz.

«No primeiro equipo, demos un paso máis ao traballo de Luis Milla»

FIL: Quizais non foi a mellor temporada para pechar o ciclo. Nin siquiera chegou a pecharse…

J.D: Seguro que teríamos rematado entre os 5-6 primeiros, por puntuación e sensacións. E pola competitividade do grupo. O equipo tería optado a estar aí. A frecha estaba cara arriba e quedaban moitos puntos en xogo. Ademais 6 ou 7 futbolistas axudaron ao Lugo a conseguir o obxectivo da permanencia. É mérito de toda a xente que traballamos no filial.



«Pasamos de ter un filial que apenas podía axudar a un no que varios xogadores tiveron varios minutos co Lugo»

Duran consolidou o Polvorín na Terceira logo de adestrar ao CD Lugo na Segunda na tramo final da temporada 16/17

FIL: Falabas dun determinado número de xogadores, algún deles pode valer realmente para o primeiro equipo?

J.D: Álex Rey, na progresión que está, debera chegar como mínimo a Segunda B. Pero está preparado para aportar no primeiro equipo. Na Segunda B xa estiveron este ano xogadores como Pedro López ou Cacharrón. Logo Matías ou Morais, que vai vivir este ano o da súa explosión individual. Ou Ángel Fraga. Futbolistas como Quindimil ou Chiqui aportaron moita axuda. Sería importante rematar pero tan importante foi o traballo realizado. Pasamos de ter un filial que apenas podía axudar ao primeiro equipo a un no que varios xogadores tiveron varios minutos co Lugo. Foron anos moi produtivos.

«Vou seguir adestrando pero as esixencias son bastante altas»

Jose Durán ascendeu á Terceira co Polvorín fai dúas temporadas. Foto: Endie DoaRúa

FIL: Tal e como explicas todo o conseguido, custa entender que se buscase un cambio no Polvorín…

J.D: Díxoseme que se buscaba un golpe de timón. Simplemente creo que o que decidiu ese cambio terá os seus motivos. Sei o difícil que é tomar ese tipo de decisións. Só desexo que, como mínimo, dean continuidade ao que se fixo no filial e o club siga crecendo. Producindo futbolistas para o primeiro equipo ou xogar un play off a Segunda División B. Penso que estabamos moi cerca, sería este ano ou o seguinte. Cinco anos desgastan moito e o momento ía chegar. Eu estaría máis tempo pero non son un funcionario do fútbol. Non vou reprochar nada, só dar as grazas. Non é un adeus. Ou un un ata logo ou unha paréntese, como xa foi no seu día.

«Estabamos moi cerca de xogar un play off de ascenso, quizais este ano ou o seguinte, pero buscaban un golpe de timón»

FIL: Vai seguir adestrando José Durán ou pídelle o corpo un descanso?

J.D: Tocará irme lonxe. Vou seguir adestrando, non sei onde nin a que nivel. Veremos posibilidades. As esixencias son bastante altas. Sei o difícil que é atopar equipo nestes días. Veño dun club profesional cunhas condicións moi boas. Estou aberto a escoitar e ver proxectos. Xa sexa en Lugo, en Galicia ou fóra dela.

José Durán: «Estaría máis tempo pero non son un funcionario»

Diario dun mercado. Episodio 186

José Durán: «Estaría máis tempo pero non son un funcionario»

Cócese un novo protocolo para poder xogar

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *