Os clubes da nosa provincia ultiman detalles para botar a andar a temporada 2018-2019. O C.D. Castro na súa restructuración de plantel está a pique de pechar a incorporación de Dani, lateral esquerdo procedente do Becerreá, co afán de chegar co equipo pechado ao primeiro encontro ligueiro ante o Atlético Coruña Montañeros.

O Riotorto incorporou a Isaac, defensa central de Lourenzá que procede do San Tirso, que tamén pode actuar no medio do campo. Outro equipo de Primeira que aproveita estes días para reforzarse é o Sporting Pontenova. Os de Andrés Bouza incorporan a Manuel Lodos “Lolo”, que xa pasaou polo clube en diferentes etapas.

Na Segunda Autonómica, o Xermade contará esta temporada con Diego Pellón. “O Ronaldo do Paraño” deixa a pista do futsal para botar unha man no clube chairego.

No fútbol base, a S.D. Ribadeo segue a perfilar o seu staff técnico. Logo de anunciala continuidade de Salva á fronte do equipo xuvenil, tamén Coto seguirá no equipo cadete, desta volta axudado por César, un mítico do fútbol ribadense. No conxunto infantil tamén continua Miguel Fuente «Moro« logo da gran temporada realizada o pasado ano e contará coa axuda de Diego Amoedo.

Comparte
                        

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*