Achégase o momento máis duro e, á vez, ilusionante para todos os futbolistas: o comezo da pretemporada. De cara a el, os clubes ultiman incorporacións e renovacións, co obxectivo de confeccionar os cadros de xogadores para a temporada 2018/2019.

Comezamos hoxe na Preferente Norte, na que Alvarito abandona o CD Castro para enrolarse na disciplina da Sarriana. Na categoría inmediatamente inferior, o SD Páramo anunciou a renovación de Saúl e Héctor Núñez, mentres que a SD Outeiro de Rei renovou a Manu Roca e firmou a Diego Seijas, quen volve ao equipo desde o Santa Isabel FS.

Tamén na Primeira Galicia, pero avanzando cara o norte, o Riotorto anunciou a súa planificación para esta pretemporada. Entre os encontros que disputará están amistosos contra SD Astur Vegadense (28 xullo), Abadín CF (5 agosto), SD Sarriana (11 agosto), ED Lourenzá (16 agosto), Iberia CF (19 agosto), CD Cospeito (22 agosto), Meira FC (26 agosto) e SDC San Lázaro (28 agosto). Xa na Mariña, o Xove Lago tamén anunciou o inicio da súa pretemporada, que será o día 30 de xullo.

Saltando agora á Terceira Galicia, o extremo de Fazouro Hugo Río asinou polo Celta Barreiros, deixando o CD Foz, e Adrián Regueiro «Romi» é novo xogador da SD Paradela tras o seu paso polo Pol. Por último, no que atinxe ao fútbol feminino, Diana Picos convertiuse en nova xogadora do Carballedo FC.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*