Non sempre todo é definitivo. Isto xa queda demostrado no noso mercado. Hai un par de semanas anunciabamos a continuidade de Charly como adestrador do Castro despois do descenso á Preferente. Non obstante, esta última semana confirmouse que o preparador sarriano non segue aos mandos do cadro chairego nunha decisión mediada por ambas partes, aínda que tomada polo propio técnico.

Tanketin tivo unha temporada complicada cunha lesión de longa duración

Na Segunda Galicia de novo un xogador con experiencia en Terceira División recae nun equipo desta categoría. O Guitiriz refórzase con Javi Ferreiro López «Tanketin» que abandona a disciplina do Castro para volver a un equipo do que xa formou parte nas categorías inferiores. O defensa de Friol reforza a un equipo que estivo pelexando ata as últimas xornadas por entrar en postos de ascenso e que caeu eliminado nos cuartos da Copa ante o Pontenova nos penaltis.

Na mesma categoría, pero no grupo sur Diego Pardo e Jhon Cantiz son novos xogadores do SD Becerreá procedentes do outro equipo do concello que milita na Terceira, o FC Becerreá. Tamén hai novas nun dos equipos que xogará a tempada que vén na Terceira Galicia sur, o Sober. O equipo que descendeu nesta campaña conta con nova directiva. Ricardo Bernárdez é o novo presidente dunha directiva na que tamén están Ibán Lagoa, Martín, Roxo e Cazón coa idea de incorporar a alguén máis que faga de delegado de campo. O novo presidente tamén confirmou a continuidade de «Perry» como técnico.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*