O fútbol lucense non para. Por iso traémosvos unha nova entrega deste Diario dun Mercado. Comezamos o noso repaso á actualidade na Preferente Galicia. O recén ascendido Outeiro ofreceu a renovación a moitos dos futbolistas que conqueriron o salto de categoría nesta campaña. Pereira, Quique, Jony, Veiga, Aarón e Yago confirmaron a súa continuidade no cadro azulón. No entanto, Julio Lozano e Míchel retíranse. Diego Seijas e Rubincha deixarán de compaxinar futbol e fútbol sala e a próxima campaña xogarán únicamente no Santa Isabel F.S de Terceira División. Dúas baixas importantes.

Luis Varela múdase a Xove dende Valadouro

Moi preto, xa na capital, atopabámonos onte á noite cunha gran sorpresa. Piru deixaba de ser adestrador do San Roque. Así o comunicou o propio técnico en redes sociais, explicando que era unha «decisión única e exclusiva do clube» verdibranco. Pronto darémosvos máis novas ao respecto.

Da cidade amurallada saltamos á Mariña. Luis Varela deixa o Valadouro para recalar no Xove Lago. Así mesmo, Gonzalo abandona o Foz ao irse a vivir a Vigo. O cadro de Gayol xa renovou á maioría do plantel desta tempada e sondea o mercado en busca dun ‘nove’ de referencia. Veremos quen é o elixido para a dianteira do Martínez Otero.

Por último, unha novidade polo sur da provincia. O Ferreira xa conta con novo preparador. Óscar Núñez dirixirá ao conxunto do Baliño na súa primeira experiencia como adestrador a estes niveis. Unha aposta forte por un home da casa, de clube.

Comparte
               

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*