Comezamos esta nova edición do Diario dun Mercado coa nova incorporación do Peluquería Mixta Friol. O equipo presidido por Geluco Villar, que xogará por segunda temporada consecutiva na Reto Iberdrola fíxose cos servizos de María Amanda Monterroso, xogadora guatemalteca internacional polo seu país, e que procede do Extremadura.

Outra nova reseñable é a incorporación de Fiz Rodríguez ao staff do primeiro equipo da S.D. Compostela, onde será analista, dentro do equipo de Yago Iglesias. O ex adestrador de Pastoricense, Sarriana ou Ribadeo adestrou na pasada temporada ao filial do equipo compostelán, dando o salto agora á Segunda División B.

🖊️ INCORPORACIÓN: Fiz Rodríguez incorpórase ao corpo técnico do primeiro equipo como analista!!! Yago Iglesias contará coa súa axuda na tempada do regreso á Segunda División B!!! #AIlusióndeSantiago

Publicada por SD Compostela en Viernes, 21 de agosto de 2020

Na Terceira División, o Polvorín renovou ao gardameta Julen e ao atancante Arón, que estarán ás ordes do novo adestrador Álex Ortiz.

Os equipos mariñáns de Primeira Autonómica proseguen coas renovacións. O gardameta Jacobo continuará unha temporada máis no Alfoz, onde tamén exercerá como directivo. No Lourenzá selaron a súa renovación dous homes de clube: Bugui e Jorge. Con estas xa son 12 os xogadores que seguirán no clube ás ordes de Roberto Ramallal.

O laurentino Jorge continuará un ano máis no equipo do seu pobo

Un peldaño máis abaixo, o Brollón acadou a renovación de Maikel.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*