O mercado segue sen dar tregua. Logo da sáida de Álex Pérez do Racing Vilalbés, o clube chairego anunciou que Diego Rey tampouco continuará ás ordes de Simón Lamas. A Sarriana é o destino máis probable do extremo lucense. Alí non coincidirá con Dani Montes. O central convertirase en xogador do Viveiro nas próximas horas ou días. Todo apunta a que Berodia podería acompañalo ás ordes de Chusky. O madrileño sería un dos grandes bombazos do mercado estival.

Dani Montes na súa etapa no Castro, logo de anotar un tanto ante o Foz

Na Preferente, o Lemos anunciou a fichaxe de savia nova para o seu ataque. Dani Arias chega á Pinguela procedente da UD Ourense, logo de formarse nas categorías inferiores de Lugo e Deportivo. Pola súa banda, o filial lemista incorpora ao seu cadro de xogadores a Balado, que chega do Monforte CF.

Quen non seguirá no conxunto monfortino é o gardameta Ivi, que aínda que habitualmente xogaba no filial, xa disfrutou de minutos no primeiro equipo. O seu novo destino é o Chantada Atlético. Os veciños da S.D. Chantada reelixiron a Merceditas como presidenta, mentres que Traste será o novo coordinador deportivo, ademáis de seguir como membro da primeira plantilla. No Pastoricense causarán baixa Casillas, Víctor e Álex.

Na Segunda Autonómica protagonismo para o Iberia. O conxunto de San Miguel reforza a súa portería coa chegada de Berni. Logo do seu paso polo Cervo e o Foz, o arqueiro levaba varios anos alonxado dos nosos campos. Tamén xogarán nas Valgas dous rapaces saídos do xuvenil da SD Ribadeo: o medio Adrián García «Cubelas» e o laterial Yáñez. No grupo Sur, Iván «Karanka» continuará unha temporada máis no banquiño do Palas.

⚠️ Seguimos! Hoxe 2 presentacións dunha tacada!⚽ Adrián García Torviso (Cubelas) e Miguel Yáñez, procedentes dos…

Publicada por Iberia C.F. en Viernes, 12 de junio de 2020

Un escalón máis abaixo, Manuel Otero «Txiki» non continuará como adestrador do Carballedo, logo de realizar unha boa temporada no primeiro ano de historia do clube en categoría masculina.

 

Comparte
                                                               

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*