O Antas feminino terá moitas caras novas esta temporada. No día de onte confirmou as fichaxes de Paula Méndez, Paula Santiso (Comercial), Naila, Laura Suárez e Vivi (CD Unión). Xa no mundo do fútbol masculino, contamos con grandes novas. O proxecto do Riotorto toma forma e desaparecen así as pantasmas dunha posible desaparición. Renovaron Isaac, Juanmi, Pablo Ruiz e Lucas. E, Lourido, por suposto. Fillo predilecto xa da vila polo menos. En canto a fichaxes, aparecen nomes interesantes: Coedo (Páramo), Diego Núñez (Sarriana), Samu López (Racing Villalbés xuvenil), Diego Tejeda (Valadouro) e Fran Pastor (Pol). Súmanse ás xa anunciadas de Dani Roca, Chisco e Manu Roca. Ademais, na Segunda Tonete incorpórase ao Xermade. Procede do Guitiriz.

Na capital, o Lucense comezou onte a adestrar. Mantéñense da campaña pasada: Álex, Borja, Brian Lorenzo, Caloto, Erik, Mujib, Pablo, Rodri, Seijas e Suso. Únense ao barco: David García (Matela), Rubén García (fútbol sala), Jesús (Lugo Unión), Josito (Matela), Simo, Yaguito (EF Polvorín xuvenil), Yoel (EF Polvorín xuvenil), Rico (Matela) e Peter (EF Polvorín xuvenil). Atópanse a proba: Gómez, Jesús, Ousmani e Emmanuel.

As pretemporadas dos nosos equipos seguen a confirmarse. Falamos aínda do Lucense, que xogará ante Fonsagrada, Santiso, Páramo (8A), Corgo (13A) e Matela (22A). Pola súa parte, o Chantada B xogará co Páramo (14A), Lemos B (17A), Sober (22A), Monterroso B (26A) e Bóveda (1S). E na Primeira o Xove Lago enfrontarase a Astur Vegadense (4A), Estudiantes de Somió (4A), Candelaria (11A), Iberia (15A), Folgueiro (21A) e San Ciprián (1S).

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*