Segue o movimento de fichaxes e renovacións na nosa provincia. Un dos principais protagonistas do verán é a Sarriana. Coa plantilla xa perfilada, incorpora a Jimmy, xogador que procede da base do C.D. Lugo. Tamén na Preferente, o Ribadeo anunciou a fichaxe de Coki. O defensor xa vestiu a camisola do clube, pero as dúas últimas temporadas estivo alonxado do céspede.

Un chanzo máis abaixo, o Xove Lago incorpora a Carlos Lorenzo «Charly«, central procedente do Ortigueira e renova a Gabri Labrada, que xogará a segunda temporada no equipo verde, así como a Pedro. Iago Otero tamén renova o seu compromiso co Chantada Atlético. Moitas novidades en Pol. Ferreiros e Ibai continuarán unha temporada máis nun conxunto que contará cos fichaxes de Peque e David Silva que chegan do Riotorto, Óscar con experiencia en Terceira nas filas do Arousa e Pontevedra, Camacho e Brian.

En Segunda Autonómica o bombazo saltou en Becerreá. O ideólogo desta web, e redactor da mesma Diego Díaz, incorpórase ao corpo técnico do Becerreá. Adestrará ao xuvenil e fará tandem con Antón no primeiro equipo. Conta con experiencia na E.F. Polvorín. O Goiriz seguirá contando con José, Rubén, Carreira e Richi, mentras que o Palas renova o cadro completo de xogadores, agás David, Marcos, Xoel e Pol. Un mariñán probará sorte fóra das nosas fronteiras. Pablo Costa, que xogou a última campaña en Preferente co Foz, estará ás ordes de Fiz Rodríguez no Zona Vella, filial da S.D. Compostela.

O Carballedo segue a protagonizar o mercado da Terceira Autonómica ao anunciar tres novos fichaxes: Pupín, xogador que xa estivera no Barrela C.F. e que nas últimas temporadas estivo en varios equipos ourensáns, Roberto Carlos Gómez e Brais Pereira, que chega do Chantada.

No fútbol feminino, o Burela mantén o maior parte do bloque da pasada temporada. Goretti González seguirá un ano máis no equipo da Marosa. No fútbol base, Jordi López e Álex Varela seguirán como axudantes de Traste no xuvenil da S.D. Chantada.

Amistosos Pretemporada

O Racing Vilalbés xogou o seu primeiro amigable diante do C.D. Lugo Xuvenil División de Honra. O encontro rematou en empate a dous goles, estreándose como goleadores no equipo chairego Cuadrado e Sito, dúas das novas incorporacións.

A Sarriana anunciou catro encontros de preparación: domingo 4 de agosto na Ribela ante o Monterroso, mércores 7 tamén como local ante o Arzúa, domingo 11 na Medela ante o Taboada e domingo 17 no Sangoñedo ante o Chantada Atlético.

Comparte
                                                               

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*