Pese a atoparnos aínda no mes de xuño, pendentes de coroar aos campións das distintas copas, o mercado de fichaxes xa está moi activo. A maior parte dos clubes queren ter pechados os seus cadros de xogadores o antes posible, de cara a preparar ben a temporada 2019/2020. Hoxe temos novidades en todas as categorías de fútbol afeccionado da provincia, desde a Terceira nacional até a Terceira Galicia, facendo escala nas categorías femininas!
Comezamos por arriba, pola Terceira División. Nela, Edrosa deixará o Racing Villalbés polo menos durante un ano, xa que o xogador desfrutará en Riga (Letonia) dunha beca Erasmus coa que continuará os seus estudos. Tampouco continúa no cadro chairego o dianteiro lucense, Arón. Tamén na Preferente Norte, Aitorín abandona o Viveiro por motivos laborais; mentres que a Residencia comeza a preparar a súa andaina na categoría coa incorporación de Iván Barrio.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/02/dumi3.jpg)
Na Primeira Galicia, comezando polo norte, José Manuel deixa o Xove Lago tras unha gran temporada, ao igual que Bouza e Ferreiro xa non formarán parte do Santaballés, dado que se retiran. O Lourenzá incorpora, pola contra, a Michael Sante como segundo adestrador. Ademais na SD Burela renovan Jairo, Simón e Cristian. Pola contra Javi Celes non segue no cadro verde. O Castro seguirá contando co mesmo capitán. Dumi renova polo novo proxecto dirixido por Vitín e Álex Vázquez. Outro equipo no que hai novidades é a SD Chantada, que renovou ao seu pichichi Javi Ramos, ao que se suman Álex Porto, Povis e Foci. Os seus veciños do Chantada Atlético contarán con Emilio García como novo adestrador. Chega logo de ascender ao Cogal Rodeiro á Segunda Rexional no Grupo de Santiago. O actual adestrador Fran García será o seu segundo.
No norte, na Segunda Galicia, Diego Fernández «Carra» é o novo adestrador do Sanci. Volve ao seu equipo do que foi xogador e capitán. Esta tempada estivo de axudante de Chusky no Viveiro. Luis Romay «Chus» é o novo preparador do Cospeito. O ata momento xogador asume as función de adestrador logo da saída de J. Carlos Fernández. Este curso xa adestrou aos xuvenís. Estará acompañado por David Fernández como segundo. Julio Castro será o novo técnico do Mondoñedo, mentres que Bouza -vid. supra- encargarase de dirixir ao Roupar. O actual adestrador, Diego Dopico (e que aínda dirixirá ao equipo na final da Copa Deputación deste domingo) botaralle unha man no que precise Bouza. Mentres o poida compaxinar co seu novo equipo. O preparador pontés será o encargado de dirixir ao Somozas B. Despois dun ano de sequía o equipo volve a competir na Segunda Rexional de Ferrol.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/09/IMG-20170911-WA0005.jpg)
Asemade, o mediocentro Javier Lozano e o dianteiro Eladio renovan no Goiriz, e Celeiro e Máquina no Celta Barreiros. En canto ao sur, Jessi deixará de xogar no Río Sil e cambiará o campo polos banquiños, sendo o novo adestrador do Ferreira. Un Río Sil que contará na Segunda Rexional co regreso de Anas Harabazan. Volve ao conxunto da Carqueixa despois do seu paso polo Bóveda. O gardamallas José Ángel seguirá un ano máis no Santa Comba. Tamén hai movementos nos bancos da Terceira Sur, xa que Juan Manuel Rivera «Perry»será o novo técnico do Lemos «B».
Falando agora de fútbol feminino, a SG Comercial optou por dar continuidade a todo o seu cadro de futbolistas, renovando ao 100% delas e máis ao adestrador Vivian Dors. Destaca a renovación de Jenny, máxima goleadora do conxunto. Cabe decir tamén que o clube aínda non rematou esta temporada, xa que se atopan en semifinais da copa, na que se medirán ao PM Friol CD Lugo «B».
Por último, o CD Castro anunciou quen adestrará os seus equipos de base: Adrián Cadenas será o técnico do alevín, Álex Vázquez do cadete, e Dumi do infantil e o xuvenil.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)