Aínda coa Copa Deputación en marcha, o mercado no fútbol lucense xa comeza a moversecon forza. Anxo Fernández non segue no banco do Folgueiro por motivos laborais. O conxunto do Vicedo terá que buscar adestrador logo do seu ascenso a Primeira Autonómica. Tamén terá que acudir ao mercado o Rubián logo de que se confirmase a saída de Perry do banco do Poste.

Logo de ser campión de Segunda co Folgueiro, Anxo vese obrigado a deixalo clube por motivos laborais

Na Preferente, o Lemos incorpora a Ramón, gardameta xoven pero con experiencia, formado no Calasancio e na canteira do Deportivo. Formou parte do Somozas, Arteixo e nesta última temporada do Montañeros. Tamén o Lourenzá se prepara para competir a vindeira temporada en Primeira Autonómica. Chegan a Santa Cruz dous vellos coñecidos: Paulo e Jose, formados no clube laurentino, pero procedentes do Racing Vilalbés, co que xogaron na Liga Nacional Xuvenil. Ademáis, estarán ás ordes de Diego Rego, Álvaro que chega do Cabreiros e tres xuvenís da inesgotable canteira das Escolas Deportivas: Luis, Miguel e Manu Santamarina.

Sen saír da Mariña, o San Ciprián renova a Racha e Dani López para o seu novo proxecto en Segunda. O Incio asegúrase a continuidade da columna vertebral do equipo. Logo de realizar unha boa temporada en Segunda Autonómica, o cadro amarelo seguirá contando con José, Pedro, Edu, Diego Gayoso, Urdi, Bieito, Vila, Manu Campo, Roi e Raúl. Outro dos conxuntos que contará coa maior parte do plantel da pasada temporada é o Celta Barreiros. Na temporada do seu retorno a Segunda, Roberto seguirá vestindo a elástica celeste.

Na Terceira Autonómica, o Lemos B renova a Germán e incorpora a Juan Rodríguez, do Calasancio e a Gerardo, do Rubián.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*