A última xornada de 2017 deixounos os seguintes detalles en cada un dos encontros disputados. E por suposto, os nosos destacados!

*Santaballés-Xermade: O Santaballés gañou o derbi chairego con claridade. Martín deixou o gol da fin de semana cun espectacular lanzamento de primeiras dende a frontal.

*San Roque-Taboada: A néboa foi a gran protagonista do encontro. Os goles chegaron na última media hora de encontro. Moski neutralizou o tanto de Rasilla para os capitalinos.

*Sporting Pontenova-Riotorto: Un gol de Jorge nun balón parado deulle o derbi aos de Labrada. Na portería visitante debutou Parapar, exgardamallas do Ribadeo.

*Monterroso-Sarriana: JC Rodríguez recuperou ao dúo do medio: Barrio-Hugo. Aínda así, a Sarriana neutralizou o 2-0 inicial dos da Ulloa. O eterno Marino marcou o definitivo 2-2.

*Pastoricense-Páramo: Os das Rapadas adiantáronse nun gran inicio. Farra igualou antes do descanso e Martín culminou a remontada a cinco minutos da conclusión.

*Bóveda-San Ciprián: O postreiro gol de Miguel levou os tres puntos á Mariña logo dun encontro moi igualado e co hándicap da néboa.

*Foz-Valadouro: O Foz impuxo a súa lei no derbi do Martinez Otero. Manolito marcoulle un gol ao seu exequipo. Os de Gayol manteñen o liderado.

*Chantada-Ferreira: O Chantada segue facendo do Sangoñedo un fortín. Os cinco goles foron anotados por distintos xogadores.

*Xove Lago-Lemos: O cadro monfortino cedeu ante a gran actuación coral do Xove Lago. Juanjo Coello asinou un doblete para consolidarse no pichichi da categoría

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*