#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Destacados Primeira. Xornada 5

*Pol-Pastoricense: Cuarta victoria consecutiva para o Pol. O cadro de Abad encarrilou o encontro na primeira metade e fixo o 3-0 ao comezo da reanudación. Ese tanto espoleou aos de Fran Veiga, que conseguiron recurtar as diferenzas a un só gol. Nos últimos minutos, o Pastoricense dispuxo de dúas ocasións a balón parado para poder arrincar un empate do Manuel Luna. Porén, os puntos quedaron na casa. E Carlitos sumou dous novos tantos á súa conta goleadora.

*Residencia-Lemos: O cadro de Edu Rodríguez mostrou a súa clara candidatura ao ascenso na Polvoreira. Iso sí, a Residencia conseguiu arañar un empate a pesares de xogar en inferioridade numérica o tramo final do encontro. Os monfortinos trataron de levar a iniciativa ante un conxunto capitalino moi perigoso nas transicións. Txiki adiantou aos branquiazuis na primeira metade e o Lemos igualou tralo descanso nunha marabillosa acción combinativa. Os monfortinos son o único conxunto da categoría que aínda non coñece a derrota.

*Sporting Pontenova-Burela: O cadro de Jaime Méndez dispuxo das mellores ocasións dentro dunha primeira metade disputada. O Burela adiantouse nun disparo lonxano, que rebotou na defensa local. Tralo paso pola zona de vestiarios, viuse un Pontenova moito mellor e ao que só a falla de puntería nos metros finais, lle privou de sumar algún dos puntos en xogo.

*Chantada-Friol: Pesadelo antes de San Froilán para o Friol. O cadro de John Vázquez sufriu dúas lesións antes do cuarto de hora. A de Felipe no quecemento e a de Buxán no minuto 12. O conxunto da Reigosa foi quen de sobrepoñerse ás circunstancias e aguantou ata o ecuador da primeira metade, cando un autogol de Brais abriu a lata para o Chantada. A partir de aí, superioridade manifesta local. O equipo de Juan Rodríguez sentenciou con tres goles máis antes do descanso. Na segunda metade, o Friol axustou certas cousas e competiu mellor. O encontro abriuse e chegaron ocasións para ambos conxuntos. Carnero completou o seu doblete neste encontro, que se disputou na Raña.



*Monterroso-Riotorto: Máxima igualdade e escasas ocasións na primeira metade. Na reanudación, Manolito perdonou o gol do Riotorto en ata tres ocasións. E o Monterroso adiantouse nun dubidoso penalti transformado por Lorenzo. Os visitantes quedaron ao minuto cun home menos pero non se foron do encontro. Sobrepuxéronse e ata maniataron por momentos ao seu rival. Lograron empatar dende os once metros grazas a Pablo Ruiz. Noutra pena máxima tamén dubidosa. Nos últimos minutos, Chanclas deixou ao Monterroso con dez e Kevin tivo unha ocasión para darlle os tres puntos aos de Ramón Labrada. Non entrou. E ambos conxuntos empataron a goles e a penaltis.

*San Ciprián-Outeiro de Rei: O Outeiro fíxose co mando na primeira metade aínda que se rexistraron poucas chegadas ás dúas áreas. Kaká marcou ao comezo da segunda parte para os de Lekumberri, nun erro defensivo rival. A partir de aí os de Cholas apretaron e moito. Os visitantes dispuxeron de ata seis grandes oportunidades para levar cando menos o empate, incluido un man a man de Diego Seijas ante Madariaga. A pelota foi caprichosa co Outeiro e a sorte sorriulle ao San Ciprián.

*Páramo-Taboada: As Rapadas viviu a súa estrea esta temporada cun choque moi nivelado e con boas oportunidades para os dous equipos. O Taboada buscou as súas opcións ao contragolpe ante un Páramo que tentou asumir a iniciativa. Tralo descanso, os de Fontal perderon protagonismo. A pesares diso, Coedo tivo unha boa oportunidade contra o remate para deixar os tres puntos na casa. O seu remate marchou fóra, preto do pau.



*Santaballés-Xove Lago: O cadro de Simón Lamas aproveitou a mala posta en escena do Xove Lago, que cometeu erros defensivos graves. Aos trinta minutos de xogo, o Santaballés xa vencía por 3-0. O cadro de Miguel Sancosmed reaccionou na parte final da primeira metade, a base de bo xogo. Así chegou o tanto de Juanjo Coello. Na segunda metade, o cadro chairego replegou ben e convertiu en insalvable a distancia para os mariñáns.

*Atlético Escairón-Chantada Atlético: Cómoda victoria do cadro de Eskalza. O Chantada Atlético aguantou o dominio local durante a primeira metade porén pouco puido facer na segunda. O Atlético Escairón desperdiciou numerosas oportunidades para conquerir un resultado máis abultado. Asier marcou un golazo de falta directa, o segundo do encontro. Alex debutou no conxunto do Saviñao.

[themoneytizer id=»15360-4″]

[themoneytizer id=»15360-16″]

Destacados Primeira. Xornada 5

As nosas redes falan

Destacados Primeira. Xornada 5

Galería de imaxes: CD Corgo 1-1 Ferreira

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *