*Pastoricense-Atlético Escairón: Empate sen goles nun encontro nivelado. O Atlético Escairón tivo dúas claras na primeira metade e o choque abriuse tralo descanso. Oportunidades para ambos equipos porén a pólvora mollada. O Pastoricense creou perigo a balón parado.

*Friol-Residencia: Kevin aproveitou un desaxuste defensivo para marcar ao pouco do comezo. O choque colleu claro calor branquiazul baixo a calor abafante da Reigosa. A superioridade visitante reduciuse no primeiro cuarto de hora da reanudación. Ata que Artai revolucionou o encontro. Dous tantos na última media hora e primeiro triunfo para os de Álvaro Meilán.

*Lemos-Santaballés: Os monfortinos contan todos os seus encontros por victorias. O Santaballés meteu en apretos aos de Edu aínda que non soupo aproveitar os seus momentos, especialmente un cabezazo de Seo e dous mans a mans de Hugo. Con espazos, o Lemos sacou a relucir a súa solidez e efectividade. E mostrou os seus argumentos de líder ante preto de cincocentos afeccionados. Adrián firmou un golazo de volea dende a frontal.

*San Ciprián-Sporting Pontenova: O ‘killer’ silencioso está de volta. Borja Mella regresou ao grande. Marcando os dous primeiros goles do San Ciprián ante unha Pontenova que tivo unha mala posta en escena. Na reanudación, serviu de pouco a gran reacción dos de Andrés Bouza. Unha contra local unido ás malas vixilancias dos da Mina terminaron de matar o encontro. E os de Lekumberri finalmente golearon.

*Taboada-Monterroso: O derbi quedou na Medela. O Taboada golpeu primeiro en medio do dominio estéril do Monterroso. O choque equilibrouse e encheuse de alternativas. Os de Murado perdonaron o 2-0 e Guaje Iago empatou de novo a contenda nun balón parado. Coa mesma fórmula, chegou minutos máis tarde o segundo do cadro branquiazul. Manu Vila marcou nun saque de esquina. Nos últimos minutos, os locais aguantaron as acometidas dos de Rielo e pecharon a victoria.

*Chantada Atlético-Páramo: Corbelle e o balón parado. Unha fórmula idílica que poucas veces falla no Páramo. Un tanto nun córner do polivalente xogador capitalino levou os tres puntos para As Rapadas. Nun encontro de ritmo baixo e de escasas ocasións, os visitantes foron os máis efectivos no Saviñao.  A primeira metade foi para os de Fontal, con outras dúas boas ocasións marradas. Despois de pasar polos vestiarios, o Chantada Atlético mandou. Lisboa tivo que empregarse a fondo para evitar o empate na mellor oportunidade local.

*Outeiro de Rei-Pol: Os dous conxuntos dispuxeron dunha grandísima oportunidade para marcar dentro dunha primeira parte igualada. O Outeiro saiu moi ben tralo descanso aínda que unha gran vaselina de Rois adiantou ao Pol. O propio goleador e Iván González foron expulsados a falla de vinte minutos para a conclusión. Aí, o Outeiro tivo o empate nas súas mans. Non chegou. Os de Cholas desperdiciaron ata catro oportunidades moi claras.

*Riotorto-Chantada: Encontro moi disputado e de alto ritmo. As chegadas a ambas áreas foron máis ben escasas. O bacallau’ vendeuse ao final. O Chantada estampou un coiro no pau a dez minutos do remate. No 90, o Riotorto deixou os tres puntos na casa nunha acción dubidosa na que os visitantes reclamaron unha falta. Manolito, sinónimo de gol.

*Burela-Xove Lago: Un solitario tanto de Jony no ecuador da primeira metade decidiu o derbi da Marosa. O Burela administrou perfectamente esa mínima vantaxe ante un Xove Lago, que segue pelexado co gol. Os de Miguel Sancosmed dominaron especialmente na reanudación porén careceu de pegada nos últimos metros.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*