*Friol-Sporting Pontenova: Un colista peleón caeu na Reigosa de maneira moi digna. De feito, na segunda metade xogaron ata catro xuvenís na Pontenova. O Friol saiu serio e xa mandaba por 2-0 ao descanso. Na reanudación, Dani pechou o seu doblete e asegurou a permanencia de maneira matemática. O atacante do equipo de Jon Vázquez segueliderando a loita polo pichichi da categoría. Unha semana máis, os erros defensivos condicionaron en exceso ao conxunto de Andrés Bouza.
*Atlético Escairón-Páramo: Confirmouse o descenso do Páramo. De pouco serviu o tanto inicial de Dieguito, nun rexeite dun penalti lanzado polo propio zurdo. Os visitantes perdonaron dous mans a man. E o Atlético Escairón fíxose co partido co paso dos minutos. Arias empatou nun saque de esquina antes do descanso. Julito fixo o 2-1 á volta dos vestiarios para os do Saviñao, que xogaron un bo rato con dez xogadores. Lázaro lesionouse e non había cambios. Os vinte minutos finais resultaron frenéticos. Os azulóns aumentaron as diferenzas. Jonathan fixo soñar de novo aos de Fontal. Porén a falla de forzas, a expulsión de Regueiro e o cuarto dos de Eskalza; afundiron aos das Rapadas.
*Taboada-Xove Lago: Adeus ás posibles pantasmas. O Xove Lago certificou a permanencia nunha temporada complicada, cun inicio de competición moi duro. No artificial da Medela, os de José Manuel tiraron de carácter e bo facer. Afogaron a un Taboada en forma dende o pitido inicial. Dous golazos de Juanjo Coello e Diego Chao abrían brecha. Os de Martín Murado responderon con outra obra de arte de Diego. Os mariñáns traían a lección ben aprendida. Andrés Bustelo marcaba de novo para os visitantes antes do descanso. Na reanudación, o Xove controlou a un Taboada que non atopou o seu fútbol. E Juanjo Coello pechou a goleada nas postrimerías.
*Pastoricense-Santaballés: Acabáronse as matemáticas no Acebreiro. O Pastoricense seguirá un ano máis na categoría. Un tempraneiro gol de Iván deu confianza aos de Fran Veiga ante un Santaballés que tivo balón e pouco perigo na primeira metade. A historia repetiuse tralo descanso. Un tanto de penalti ao comezo da reanudación puxo máis terra de por medio. Dani fixo o terceiro e definitivo gol nun man a man ante Ivo despois dunha longa cabalgada. O contragolpe local impúxose aos chairegos, que non viviron a súa mellor tarde.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
*Pol-Monterroso: Encontro de poder a poder no Manuel Luna, con moitas ocasións para ambos conxuntos. O balón parado resultou chave na primeira metade. Nico Madero adiantou aos de Abad nun saque de esquina. Pouco durou a alegría. Tres minutos máis tarde, Lorenzo igualaba o encontro para o Monterroso dende o punto de penalti. Tralo paso pola zona de vestiarios, mantívose esa mesma tónica de emoción e oportunidades. O Pol mostrouse máis acertado no tramo final e levou o triunfo cun tanto de Fran Pastor.
*San Ciprián-Chantada: O San Ciprián regresa á Segunda Galicia despois de caer ante un Chantada en plena loita polo ascenso. Os mariñáns evidenciaron un dos problemas habituais desta temporada: a falta de contundencia nas dúas áereas. Algo que un rival en plena forma non perdonou. Os de Juan Rodríguez xa gañaban por 0-3 na primeira metade, con doblete de Anxo incluido. Manu pechou a goleada na reanudación. No Sangoñedo manteñen o soño dun posible ascenso. A fórmula é sinxela á par de complicada. Precisan que a Residencia non gañe na última xornada ao Pastoricense. Ademais de gañar o seu encontro ante o Outeiro de Rei.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
*Riotorto-Lemos: Un valioso punto que permite a Riotorto disfrutar un ano máis da Primeira Galicia. Os dous goles do encontro chegaron nunha primeira metade aberta. Armesto abriu a lata para o campión e Lourido igualou no ecuador da primeira metade para os locais. O partido pechouse na segunda parte, na que apenas existiron achegamentos con perigo. Coa permanencia xa atada, o adestrador Ramón Labrada comunicou que non continuará a próxima campaña no Riotorto, poñendo fin a un bo ciclo de cinco tempadas na vila mariñana.
*Chantada Atlético-Burela: Dura derrota dos chantadinos, que os deixa a expensas dun posible segundo arrastre dende a Preferente (Foz). O Burela foi superior en todas as facetas do xogo baixo unha abafante calor. O Chantada Atlético viu como o linier anulaba un penalti. E tamén era invalidado un gol. Os de Jaime adiantáronse na primeira metade e sentenciaron despois do tempo de lecer nun balón parado e nunha transición.
*Outeiro de Rei-Residencia: Non defraudou o gran encontro da xornada. Iso sí, a Residencia quedou sen ascenso esta xornada. Agora precisa gañar ao Pastoricense ou, no caso de non facelo, que o Chantada non leve os tres puntos ante o Outeiro de Rei. Un conxunto, o de Cholas, que mandou na primeira metade. Un erro defensivo propiciou o 1-0 ao descanso. Na reanudación, o segundo gol local e a expulsión do visitante Iago; deixaban todo a favor do equipo azulón. O cadro de Álvaro Meilán creceuse na adversidade ante un rival que non foi quen de matar o partido. A escadra branquiazul xerou ocasións cun fútbol máis directo e igualou no minuto 88. Tendo incluso algunha máis para levarse o triunfo no desconto guiados por un gran Raposín.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/05/Presentación1-1-2-5.png)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/05/Presentación1-1-2-6.png)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/05/Presentación1-1-2-7.png)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)