*Sporting Pontenova-Pol: O cadro de Abad aproveitouse da mala versión mostrada pola Pontenova. Especialmente, Iván González. O veterano punta está de volta. Recital de fintas, regates e asistencias culminado cun auténtico golazo. Unha volea dende tres cuartos de campo por toda a escadra.
*Taboada-Residencia: Logo dun inicio frenético, o centrocampismo mandou na primeira metade. Os goles quedaron para a reanudación. Na reanudación, o Taboada deu un paso á fronte. Adiantouse nun saque de esquina e Mosqui puxo terra de por medio nun contragolpe de manual. A Residencia non se deu por vencida a pesares da expulsión de Arturo. Dani Galán recurtou diferenzas de penalti e os capitalinos morreron apretando ata o pitido final. Sen premio algún, iso sí.
*San Ciprián-Atlético Escairón: Duelo de poder a poder no que se adiantou o Atlético Escairón nun penalti na primeira metade. O San Ciprián igualou nun saque de esquina ao inicio da reanudación. A falla de vinte minutos para o remate, decidiría de novo o balón parado. Os do Saviñao leváronse o encontro e os conseguintes tres puntos nunha falta directa.
*Chantada Atlético-Chantada: Derbi intenso. O Chantada adiantouse nun primeiro tramo igualado. Na parte final da primeira metade, os de Juan pudieron matar o encontro porén un penalti deulle vida ao Chantada Atlética. Na reanudación, os visitantes fixeron o 1-3 ao pouco de vir de vestiarios. A partires de aí, o Chantada impuxo o seu xogo ante un cadro atlético que tivo dúas boas oportunidades e rematou cun home menos.


*Friol-Burela: Primeira parte para os de Jon Vázquez, que marcaron dous goles e perdonaron algún máis. Na reanudación, o Friol non foi quen de sentenciar e o Burela meteuse no encontro en inferioridade numérica. Jony fixo o 2-1 pero os locais aumentaron a súa conta de novo. Aí, o cadro da Reigosa relaxouse. Viu como Jairo facía o segundo dos mariñáns e sufriu ante dúas claras oportunidades visitantes que puideron supoñer o empate.
*Pastoricense-Monterroso: Nivelado primeiro acto no que o Pastoricense errou un penalti. Dez minutos despois dese fallo, ao bordo do descanso, Lorenzo facía o 0-1 de falta. Na segunda metade, os locais sairon un tanto despistados e o Monterroso fixo sangue. Tres erros defensivos dos do Acebreiro e tres goles dos da Ulloa. Dende aí, o Pastoricense só tivo algunha ocasión para maquillar o resultado. Diego Seco fixo o gol da honra e Crespo puxo a ‘puntiña’.
*Outeiro de Rei-Páramo: Os de Cholas adiantáronse cun maxistral libre directo botado por Álvaro. Palle perdonou o empate nun man a man e Álvaro marcaba de novo para o Outeiro. Tralo descanso, Robertito devolveu ao ilusión ao Páramo dende o punto de penalti. Pouco durou a alegría. Jorge Pereira poñía o 3-1 nunha contra. Dende aí ao remate de encontro, oportunidades para ambos equipos. Goles non houbo máis.

*Lemos-Xove Lago: Golpe sobre a mesa dun Lemos que deixou claras as súas intencións de pelexar polo ascenso. Os de Edu xeraron múltiples ocasións ante un Xove Lago compacto e que buscou as súas opcións á contra. Todos os goles chegaron a balón parado ou de cabeza.
*Riotorto-Santaballés: Un golazo de Martín marcou as diferenzas nunha primeira parte nivelada. Labrada axitou o seu banquiño e asumiu riscos. O Riotorto igualou nun barullo na área tras un córner pero o triunfo levaríao o invicto Santaballés. Parapar cometeu penalti sobre Dani, que este mesmo transformou. Nos últimos minutos, os de Simón Lamas mantiveron a súa vantaxe con sufrimento.


