#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Destacados Copa Preferente e Primeira. Cuartos de final

*Lemos-Pol: Sufrido pase do Lemos a semifinais. Os de Edu xa mandaban por 2-0 antes da media hora de xogo. Un resultado un tanto enganoso posto que o Pol desperdiciara ata tres oportunidades claras. Tralo descanso, os de Abad tiraron de coraxe. Recurtaron diferencias e meteron a todo un campión no seu propio campo por momentos. O gol do empate non chegou. Os locais mostráronse moi sólidos. Iso sí, o Pol vaise co pequeno triunfo de levar a intranquilidade ás bancadas da Pinguela. E provocar que o Lemos, en inferioridade numérica, acabase pedindo a hora.
*Páramo-Ribadeo: O Ribadeo avanza de rolda ante un Páramo que pechou un ciclo cunha gran imaxe. Os de Fontal plantaron cara en todo momento e adiantáronse pronto no marcador. O meta Javi Prieto mantivo aos de Rafa Casanova vivos con varias intervencións de mérito. Os mariñáns tiñan control de xogo pero non xeraban ocasións de perigo suficientes. Aínda así, Criss empatou ao comezo da reanudación e o partido foise aos penaltis. Nesa quenda de lanzamentos, o Páramo foi incapaz de ver porta. Fallou os seus tres lanzamentos e os Robertito, Álex… e compañía despedíronse cun sabor agridoce. Vai ser un verán de moitos cambios nas Rapadas.
*Friol-Monterroso: Os once metros levaron ao Friol a semifinais. Os de Jon Vázquez sufriron na primeira metade. O Monterroso anulou o plantexamento inicial dos locais e mostrou mellores sensacións que o seu rival. Cambiaron as tornas na reanudación. O Friol fixo o seu fútbol e os de Román resistiron cunha soberbia actuación defensiva. Houbo ocasións para que o encontro caese para calquera lado, especialmente un gol anulado a Rafa Casanova. Nos penaltis, o Monterroso marrou tres ante un Alberto Pacio decisivo. Segunda rolda consecutiva na que os da Reigosa pasan grazas ás penas máximas. Ambas sen fallar penalti algún.
*Riotorto-Chantada: Os penaltis decidiron o pase do Riotorto á seguinte rolda. Nun duelo cheo de alternativas e sen dominador claro, os goles non chegaron ata os últimos dez minutos da batalla. Os de Labrada, que previamente tiveran un pau e un longueiro, adiantáronse cun gol do capitán Christian nun rexeite. Cando todo semellaba decidido, o Chantada igualou de novo nunha xogada ben trenzada no minuto 93. Na lotería dende os once metros, chegouse á morte súbita e á frioleira de dezaoito penaltis. Lourido marcou o decisivo dos mariñáns. Os capitáns están para algo!
 

Eliminatorias de semifinais:

*Lemos-Riotorto:

*Friol-Ribadeo:



Destacados Copa Preferente e Primeira. Cuartos de final

O gran dilema de Rafa Casanova

Destacados Copa Preferente e Primeira. Cuartos de final

O partido en imaxes: Lemos B-San Lázaro

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *