Nun salón abarrotado, con dúas deceas de xente agolpadas no corredor, celebrouse onte unha nova reunión na Federación de Lugo. O motivo non era menor. Os clubs tiñan plena consciencia delo. Porque dende esta temporada hai que olvidarse dos famosos cartóns das fichas federativas. A Real Federación Galega de Fútbol segue os pasos das competicións nacionais coordinadas dende Madrid e aposta polo online. Os onces rexistraranse a través da rede. Ben, co usuario do directivo ou presidente de turno. Ben cada adestrador ou delegado, cun usuario propio creado a través do do seu propio club. Poderanse cumplimentar dende o mércores de cada semana, cantas aliñacións se desexen.  Validándose só a máis recente. Aparecerá unha listaxe con cada xogador e a súa foto e as opcións de titular, suplente e capitán para marcar. O colexiado do encontro terá potestade de pechar eses onces entre 30 minutos e unha hora antes do encontro.

https://www.cdlustore.com/13-equipaciones

Imaxínense dúas posibles casuísticas. Unha lesión nun quecemento e ter que cambiar un futbolista. Pois haberá que negocialo co colexiado. Unha segunda opción. Non hai boa cobertura de Internet e non se pode meter o once da xornada. Pois, poderase entregar a listaxe cuberta en man. Única e exclusivamente nesta situación.

Outro tema candente foi o das duplicidades de licenzas. Moi candente e non quedou de todo claro. A RFGF emitirá nestes días unha circular aclarando este aspecto. Todo apunta a que, polo menos, nesta temporada quedará como está. E os delegados dun equipo dun club poderán compaxinar ese cargo co de adestrador noutro conxunto desa institución. Ou os cargos de xogador e técnico. Pero, como dicimos, débese agardar por dita circular. Ademais, recordouse a necesidade de renovar as xuntas directivas e a creación do carné de directivo. Por último, agasallouse a cada club con tres balóns, o portabalóns e a portaequipaxes. Os calendarios e o sorteo da primeira rolda da Copa seguen sen saír á luz. Toca esperar.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*