#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

A pelexa pola segunda praza, en boca dos implicados

Só quedan dúas xornadas para o remate dunha Preferente que está que arde. Seis puntos en xogo e tres equipos lucenses que soñan con acompañar á Sarriana na pelexa polo ascenso. Neste pequeno artigo falamos cos adestradores dos equipos implicados na loita pola segunda praza. Ao tempo que mostramos a situación actual e o que teñen por diante.

Residencia: 14 puntos

Lemos: 13 puntos

Santaballés: 13 puntos



-Como chega o teu equipo ao final desta primeira fase?

Álvaro Meilán: Ilusionado, con moitas ganas. está ben. A nivel de ánimo, sensacións e confianza estamos moi ben. Seguimos plantexando o mesmo: ser competitivos semana a semana. Esa é a nosa seña de identidade.

Edu Rodríguez: Dependiendo de si mismo y con la ambición de poder conseguir el objetivo de meterse en la fase de ascenso.



Dani Moirón: Ilusionado, esa é a palabra que define ao meu equipo neste momento. Ninguén apostaba que o CD Santaballés estaría nesta posición a estas alturas, nin nós mesmos. Partimos coa idea de ir xornada a xornada. Saímos coa idea de preparar ao equipo para a temporada que vén, adaptarnos a categoría e desfrutar. Pero unha boa confección do plantel, o compromiso, esforzo e traballo dos xogadores, xunto coa ilusión (que move montañas) fai que esteamos nesta situación privilexiada.

-Cales son as opcións reais de rematar segundo?

A. M: Estamos segundos e dependemos de nós mesmos. Mantéñome na misma mensaxe que hai meses: partido a partido e intentar disfrutar pase o que pase. Non plantexamos obxectivos a longo prazo. Tampouco vamos a renunciar a nada.

E. R: Todas nuestras opciones pasan por ganar los dos partidos que nos quedan.

D. M: Prefiro non valoralo, non pensamos niso. Nós vamos a seguir ao noso, centrarnos no próximo partido, ser competitivos. Ser un rival incómodo e ao final da competición a ver onde nos coloca a clasificación. Queremos desfrutar do camiño, somos un equipo recen ascendido que trata de facer as cousas ben, un invitado inesperado nesta festa.

XORNADA 9

Santaballés-Sarriana

LemosResidencia

-Cales van ser as claves na loita por esa segunda praza na táboa?

A. M: A clave é ser nós mesmos. A semana do Lemos é a máis importante para nós. Non imos facer contas nin números, só queremos chegar con boas sensacións ao próximo partido.

E. R: A estas alturas de competición, la clave pasa por nuestra mentalidad competitiva. Debemos ser el equipo ambicioso que siempre fuimos y olvidarnos de todo lo que nos pasó en el último partido.

D. M: Entendo que o equipo que mellor saiba xestionar este tipo de situacións será o que consiga esa praza. Hai moita igualdade no grupo. Excepto a SD Sarriana que, baixo o meu punto de vista, está un chanzo por enriba do resto. Todos os partidos son moi igualados e costa un mundo gañar cada un deles.

XORNADA 10

Foz-Santaballés

Residencia-Ribadeo

Sarriana-Lemos

-Que é o mellor e o peor desta temporada tan atípica?

A. M: O mellor é a volta do fútbol. Ver xente no campo e a xogadores no campo. Este formato é atractivo para o espectador pero non é o ideal para o adestrador. Os adestradores estamos moito máis limitados en todo o que podemos facer.

E. R: Creo que hablar de algo bueno después de todo lo que llevamos viviendo no viene a cuento. Ojalá pronto volvamos a disfrutar del fútbol sin ningún condicionante.

D. M: O mellor, sen dúbida, é poder volver a competir, a facer o que nos gusta. Ademais, neste subgrupo non houbo ningún contaxio e todo se puido desenvolver con normalidade. O peor, as lesións e sobrecargas que se foron producindo.

A pelexa pola segunda praza, en boca dos implicados

O terceiro triunfo consecutivo achega o Viveiro

A pelexa pola segunda praza, en boca dos implicados

As nosas guerreiras da fin de semana

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *