Aínda que a competición regular detense nestas datas, o fútbol non para na nosa provincia. A Copa Deputación colle o protagonismo e chega con encontros máis que interesantes. Ademáis, varios partidos disputaranse na nosa xeografía cun fin solidario.

COPA DEPUTACIÓN PREFERENTE E PRIMEIRA AUTONÓMICA – OITAVOS DE FINAL

 – Ribadeo F.C. – Viveiro C.F. (Sábado ás 16 horas nas Valgas): tan só unha semana despois do último enfrontamento ligueiro que rematou con reparto de puntos, ámbolos conxuntos voltan a verse as caras de novo nas Valgas. Desta volta co obxectivo da Copa, un novo derbi que se prevé emocionante ao igual que os anteriores.

– S.D. Chantada – C.D. Guntín (Sábado ás 16:15 horas no Sangoñedo): os de Juan Rodríguez tentarán facer valer o factor campo e avanzar na competición copeira ante un Guntín que está a realizar unha gran temporada no ano do seu ascenso a Primeira.

 – S.D. Sarriana – Club Lemos (Domingo ás 16 horas na Ribela): os dous equipos chegan logo de gañar na competición regular. O conxunto local, con Xoan Peón á fronte, mira con optimismo o futuro, ao igual que os monfortinos, que logo do triunfo ante o Foz puxeron terra de por medio co descenso.

 – S.D. Santaballés – C.D. Foz (Domingo ás 16 horas na Liga): os chairegos, un dos conxuntos máis en forma do fútbol lucense, situados en postos de ascenso a Preferente, reciben a un Foz sumido nunha crise de resultados. Os de Gayol buscarán reencontrarse coa vitoria e recuperar sensacións para os vindeiros encontros ligueiros.

 – U.D. Pastoricense – Taboada F.C. (Domingo ás 16 horas no Acebreiro): logo de rachala xeira negativa no seu feudo cun triunfo ante o Pol, os de Fran Veiga tentarán darlle continuidade e avanzar na Copa. Enfronte un Taboada que chega logo de catro xornadas sen gañar en liga.

ENCONTROS SOLIDARIOS OU AMIGABLES

 – III XORNADA DE FRATERNIDADE ‘XOSE DA FLOR‘ (Sábado ás 12 horas na Lomba). Encontro homenaxe a Xose da Flor, organizado pola Asociación M de Meira, que enfrontará aos moitos dos seus amigos, uns nas filas do Crecente (integrado por moitos ex xogadores do Pastoricense) e outros nas do Meira. Ao rematar haberá un xantar na Casa Cazoleiro.

 – XII EDICIÓN DO TORNEO NACIONAL DE FÚTBOL 7 PARA ÁRBITROS (Sábado a partir das 9 da mañá na Polvereira): Unha nova edición organizada pola Peña de Árbitros 9,15 que contará cos nosos colexiados, pero desta volta como os grandes protagonistas. Participarán árbitros de toda a xeografía galega, así como de Castela e León.

 – II TORNEO DE NADAL. CARBALLEDO – CHANTADA B (SÁBADO ÁS 16:15 HORAS NO CATRO VENTOS).

 – BECERREÁ DÉCADA DOS 80 – BECERREÁ DÉCADA DOS 90 (Sábado ás 18 horas no Municipal de Becerreá): Encontro entre vellas glorias do conxunto da montaña. Ben seguro que rematará cunha cea de confraternidade.

– V PARTIDO BENÉFICO PRO AXUDA NADAL SOLIDARIO: S.D. BROLLÓN – VETERÁNS DO BROLLÓN (Domingo ás 16 horas nos Medos): Tódolos asistentes poden colaborar aportando alimentos non perecedoiros.

– II TORNEO DE NADA DE FÚTBOL FEMININO PELUQUERÍA MIXTA FRIOL. (Domingo 29 de decembro ás 16:30 horas). Triangular benéfico con recollida de xoguetes para os nenos hospitalizados no HULA. . Ás 16:30 o P.M. Friol mídese á S.D. Ponferradina. Ás 17:30 o cadro berciano enfrontarase ao filial do Friol, para rematar ás 18:30 horas con enfrontamento entre os dous conxuntos locales.

Comparte
                              

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*