#Fútbol Base #Infantís #Xuvenís

Ilusionante campaña en Liga Galega

Este fin de semana comezan as distintas ligas a nivel autonómico nas categorías infantil, cadete e xuvenil, a chamada Liga Galega. Este ano contaremos con triple representación en idade xuvenil, con Racing Villalbés «B»Viveiro CF CP Calasancio, os dous primeiros no grupo norte e o terceiro no sur. En cadetes tamén serán tres equipos os encargados de levar o nome da nosa provincia: CD Lugo «B» Racing Villalbés no grupo norte e tamén o CP Calasancio no sur. E nos máis pequenos, os infantís, CP Calasancio CD Lugo repetirán representación, e a eles súmase o EF Polvorín, a priori o novato da categoría.

Hoxe, Futbolinlugo céntrase en dous destes equipos, o Racing Villalbés Xuvenil «B» e o EF Polvorín Infantil. Ambos clubes inician unha campaña nunha categoría á que non están afeitos (xa que son conxuntos habituais na liga local), pero con moitas ganas e a certeza de que van competir por manterse e poder acostumar ao Estadio Roca e a Montirón de que os seus equipos pertencen á Liga Galega.

Para coñecer como afrontan a temporada ambos conxuntos, Futbolinlugo falou con Iván Lamas, técnico do Racing (ex-adestrador do Castro en Terceira División), e con Francisco Caballero, o adestrador do clube amarelo. Velaquí as súas verbas!

IVÁN LAMAS



FUTBOLINLUGO: Ola Iván. Cales son os obxectivos do Racing Villalbés «B» esta campaña?

IVÁN: Fundamentalmente a permanencia en Liga Galega. Por suposto tamén formar xogadores para o primeiro equipo e para o xuvenil «A».

 



FUTBOLINLUGO: Como afrontas o partido deste sábado no Roca, ante o Unión de Rianxo?

IVÁN: Con moita ilusión e con ganas de comezar. É unha liga nova para min, non a coñezo de nada, pero estou moi ilusionado.

 

FUTBOLINLUGO: En canto aos adestramentos… que sensacións te están a deixar?

IVÁN: Bueno, polo que vin de momento moi boas. O primeiro que pido é compromiso e de momento todos cumplen, a verdade é que inmellorable.



 

O Racing «B» conseguiu un meritorio ascenso!

FUTBOLINLUGO: Pensas que a xente da vila vaise volcar co equipo e haberá un bo ambiente no Roca?

IVÁN: Non o sei, esperamos que si… en todas as categorías, pero nunca se sabe. O outro día no partido de División de Honra si que había bastante xente, así que ogallá.

 

FUTBOLINLUGO: Moitas gracias por atendernos, Iván. Sorte!

IVÁN: A vós.

 

FRANCISCO CABALLERO

FUTBOLINLUGO: Ola Caballero. Comezades a temporada con derbi ante o Lugo. Como afrontades o partido?

CABALLERO: Bueno, con moitísima ilusión. É una categoría nova, unha liga bonita… pero sendo realistas é un debut complicado. O grupo tivo pouco tempo para acoplarse, por vacacións e diversos temas… polo que vai ser un choque difícil, pero ilusionante.

 

Este foi o plantel que conseguiu o ansiado ascenso á Liga Galega.

FUTBOLINLUGO: Cales son os obxectivos de cara a esta nova e ilusionante campaña?

CABALLERO: Son tres, e son moi simples: disfrutar, aprender e  competir o máximo posible.

 

FUTBOLINLUGO: En canto aos adestramentos e a pretemporada, que sensacións están a deixar?

CABALLERO: Aínda non está cerrado o plantel, estamos abertos a novas incorporacións, pero polo momento as sensacións son positivas, os rapaces están con moitas ganas e ilusión. Hai que empezar disfrutando e ganando experiencia, porque a liga é longa, contando cunha segunda fase na que trataremos de facelo o mellor posible.

 

FUTBOLINLUGO: Pensas que a xente do barrio vaise volcar co equipo e a Polvoreira estará chea cada quince días?

CABALLERO: Quizais máis xente si que se acerque ao campo. Hai clubes grandes que van visitar Montirón, por exemplo o Deportivo virá o día de San Froilán, polo que si que agardamos un maior número de espectadores.

 

FUTBOLINLUGO: Moitas gracias por atendernos! Sorte!

CABALLERO: A vós.

Agardamos que este ano 2017/2018 só traía alegrías para estes dous conxuntos e estes dous grandes adestradores, así como ao resto de equipos lucenses!

 

Ilusionante campaña en Liga Galega

A previa da Segunda Galicia norte

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *