#Cadetes #Fútbol Base

«A idea é competir para tentar ascender», Francisco Caballero.

Desde Futbolinlugo falamos con Francisco Caballero, adestrador do Polvorín Cadete A, campión da Liga Autonómica Cadete Grupo Norte, e serio candidato ao ascenso á Liga Galega.

Pregunta: Tras o título de liga, con 38 puntos en 18 xornadas, e sendo os máximos goleadores da liga, pénsase nun ascenso inminente?

Resposta: É complicado. Na segunda fase, exceptuando a un rival a priori moi superior, a Residencia, todos os partidos serán complicados: Milagrosa, Ferroviaria, Castro, Sarriana e nós somos os maiores candidatos á segunda praza. Non obstante, é futbol. O ascenso é complicado, pero opcións hai.

P: O equipo está integrado por cadetes de primeiro e segundo ano, e aínda así compenétranse ben no terreo de xogo…



R: Contamos con catro xogadores de primeiro ano, e si, e o mesmo equipo co que xogamos a fase de ascenso hai dous anos en infantís. É a misma base, falta Javi Reigosa (ahora no CD Lugo) e hai un par de bos reforzos (Anás e Brais). A idea é competir para tentar ascender.

P: Centrándonos máis en ti, considéraste un adestrador moi esixente?



R: Eu penso que é importante que o adestrador saiba transmitir aos xogadores. As veces peco de “berrear” de máis nos partidos, pero nos adestramentos sí son esixente. Se traballamos gústame que a hora de traballo sexa a tope, pero entendo que nos partidos non é necesario gritar os 90 minutos (neste caso, 80). Hai que ter un término medio.

P: Como compaxinas ter que adestrar e diferentes equipos en diferentes categorías dentro do mesmo clube?

R: Aí si hai que saber diferenciar. Non é o mesmo tratar cun alevín cun cadete. Hai que cambiar o chip rápido, o bó é que non adestro o mesmo día cos alevís que cos cadetes, polo que xa chegas mentalizado, pensando que algún día se traballan cousas básicas do fútbol, e outros días para apretar máis noutros aspectos.

P: Moitas grazas por atendernos. Sorte!

R: A vós, un saúdo.



Fotos: Instagram e Facebook de Francisco Caballero (@francaba77 e Francisco Caballero Díaz).

«A idea é competir para tentar ascender», Francisco Caballero.

As Notas da Terceira

«A idea é competir para tentar ascender», Francisco Caballero.

O Lugo B e o Viveiro non

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *