Tanto en infantís, cadetes e xuvenís, as ligas locais deste ano prometen. Todos os anos dan moito que falar, por distintos derbis comarcais, ou mesmo porque comezan a despuntar algunhas promesas nelas. Os calendarios xa son oficiais, e Futbolinlugo conta con eles integramente.
Primeiro falaremos dos máis pequenos, os infantís, que estarán repartidos en dous grupos (norte e sur), comezando ambos o día 16 de setembro. Esta serán as dúas primeiras xornadas en cada un deles.
Para coñecer o calendario completo, preme aquí: Calendario Infantil Norte Calendario Infantil Sur
E continuamos polos cadetes. A disposición dos grupos é a mesma, un para os equipos do norte da provincia e outro para os do sur. A primeira fase da liga serán once xornadas cheas de emoción, goles e, sobre todo, diversión!


Tamén tes dispoñible todo o calendario neste enlace: Calendario Cadete Norte Calendario Cadete Sur
Por último, os xuvenís. Os máis maiores da base sempre queren culminar a súa etapa cun bo recordo, de aí que sexan unha das ligas máis emocionantes do noso fútbol!

Contamos tamén co calendario enteiro e íntegro: Calendario Juvenil Norte Calendario Juvenil Sur
Agardemos que os nosos rapaces compitan tan ben coma sempre e que se consigan todos os ascensos posibles ás respectivas Ligas Galegas.