Onte presentouse o novo convenio do CD Lugo cos clubes capitalinos de base. Un acordo que segue a liña do presentado hai uns meses con diversas entidades provinciais. Aínda que con pequenas novidades. Ninguén mellor para falarnos dos mesmos que Adrián Laureda, coordinador de fútbol base no clube albivermello.

FUTBOLINLUGO: Ola Adrián! Falemos dese convenio que presentastes onte…

ADRIÁN LAUREDA: Boas! Son os convenios cos clubes da cidade. Son similares en liñas xerais aos que presentamos con diferentes entidades provinciais. Pero hai diferenzas. Os equipos de Lugo capital van ter un partido homenaxe ao fútbol base e os beneficios repartiranse entre eles.

Os equipos de Lugo capital van ter un partido homenaxe ao fútbol base e os beneficios repartiranse entre eles

FIL: Qué clubes asinan este acordo?

A. L: Milagrosa-Ferroviaria, Polvorín, Sagrado Corazón, Residencia-Abuín.

FIL: Os equipos capitalinos que non entran neste convenio están na mente do CD Lugo?

A. L: Co resto de clubes da cidade, os non históricos por así dicilo e que teñen menos equipos, faremos algún tipo distinto de convenios. Reflectirán outro tipo de condicións. Reunirémonos este ano con eles. Son clubes máis pequenos, case en formación algún deles. Buscaremos algunha forma de poder colaborar. Especialmente en temas sociais de entradas… E vantaxes para que poidan acudir os domingos ao fútbol.

Co resto de clubes da cidade faremos algún tipo distinto de acordos

FIL: A idea entón é que ninguén se quede fóra. Que o CD Lugo sexa un elemento aglutinador, non é así?

A. L: Iso é. Que, polo menos, todo o mundo teña a oportunidade de ter esas vantaxes.

FIL: Xa pasaron uns meses dende que firmastes o convenio cos clubes da provincia. Estanse vendo xa os frutos desa alianza?

A. L: Pois por exemplo, chegaron dous xogadores ao equipo xuvenil de División de Honra: un da Pontenova e outro de Foz. É só un exemplo do que pasou ultimamente. Noutras categorías tamén viñeron xogadores. Ademais fixemos eventos, os campus e charlas. Demos unha en Burela sobre alimentación, que recordo agora mesmo.

FIL: Cal é o obxectivo final de todo este paquete de acordos?

A. L: Dalgunha maneira buscamos que o clube o CD Lugo poida ser referencia para toda a provincia, poder colaborar cos clubes e facilitarlles as cousas na medida do posible. Ao mesmo tempo, xerar interaccións entre os clubes e propiciar que a xente identifique ao Lugo como o equipo da súa provincia para ilo ver os domingos.

FIL: Grazas Adrián!

A. L: A vós!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*