A Copa Deputación comeza xa e xogarase tamén no Nadal e no Entroido
Redacción Futbolinlugo / 5 años
22/08/2019
0
6min de lectura
É unha imaxe de primavera. Pero este curso trasladouse a agosto. A Copa Deputación 2020 xa está aquí. Nalgúns casos vai comezar antes ca liga. Esta xoves realizouse o sorteo no salón de actos da Deputación de Lugo en San Marcos. As novidades chegan nunha maior axuda económica procedente da Federación e nas datas que se intercalan coa competición regular. O resto do formato non varía. Seguirá sendo a partido único e o encontro xogarase na casa do equipo de menor categoría. No caso de que ao final dos 90 minutos regulamentarios haxa empate, as eliminatorias resolveranse na quenda de penaltis. A continuación repasamos as datas e os primeiros cruces de todos os equipos participantes.
NOTA: De cada dous partidos, sairá o cruce da seguinte eliminatoria tal e como están dispostos. O vencedor do primeiro partido que aparece xogará co vencedor do segundo encontro que sae e así sucesivamente. Agás naqueles que xa están marcados ao seu carón o rival.
O Ribadeo é o vixente campión da Copa Deputación. Foto: twitter @RibadeoFC
Copa da Preferente e da Primeira Rexional:
A 1ª rolda xogarase na fin de semana do 1 de setembro. É dicir, en menos de dez días. Só entran os equipos da Primeira Rexional. Será a primeira cita oficial para eles nesta campaña. Quedan dous exentos. O Guntín e o Pastoricense. Os do Acebreiro poderán desfrutar con tranquilidade das festas patronais. Os conxuntos da Preferente uniranse na segunda eliminatoria.
Partidos 1ª rolda
San Roque – Riotorto (o vencedor xogará coa Residencia)
Atlético Escairón – Lourenzá
Xove Lago – Monterroso A
SD Chantada A – Friol A (o vencedor xogará co Guntín)
Ribadeo – Viveiro (partido da 2ª rolda)
Santaballés – Folgueiro (o vencedor xogará co Foz)
Sarriana – Lemos (partido da 2ª rolda)
Outeiro Rei – Chantada Atlético
Burela – Castro
Taboada – Pol (o vencedor xogará co Pastoricense)
Na 2ª rolda haberá dobre derbi de equipos da Preferente: xogarán Ribadeo e Viveiro e a Sarriana e o Lemos.
O resto das datas tamén están fixadas. A seguinte eliminatoria xogarase o 29 de decembro. En pleno Nadal. Os cuartos de final serán no Entroido (fin de semana do 23 de febreiro). As semifinais están colocadas o 1 de maio; festivo estatal que cadra en venres. A final xogaríase o 17 de maio, día das Letras Galegas. Non obstante, estas datas poden ser modificadas. Se os equipos se poñen dacordo poderían buscar alternativas.
O San Lázaro gañou a última edición da Copa Deputación da 2ª e da 3ª. Foto: Roberto Carreira
Copa da Segunda e da Terceira Rexional:
A 1ª rolda xogarase na fin de semana do 8 de setembro. A 7 días de que comecen a liga os equipos da Segunda e a 15 de que o fagan os da Terceira. O Roupar, o Celeiro, o Fonsagrada e o Xermade están exentos desta primeira rolda na zona norte. Na zona sur o Palas, o Lemos B, o Ferreira, o Becerreá e o San Lázaro (vixente campión) quedan exentos da primeira eliminatoria.
Partidos 1ª rolda: zona norte
Meira – Valadouro
Viveiro B – Lugo Unión
Goiriz – Iberia (o vencedor xogará co Celeiro)
Cospeito – Muimenta (o vecnedor xogará coa Fonsagrada)
Candelaria – Catro Roldas (o vencedor xogará co Roupar)
Celta Barreiros – Rioaveso
Cabreiros – Comercial
Pontenova – Guitiriz
Nuevo Naustí – Mondoñedo
Friol B – Abadín
Cazás – San Ciprián
Alfoz – Matela (o vencedor xogará co Xermade)
Partidos 1ª rolda: zona sur
Santa Comba – Castroverde
Carballedo – Portomarín
Antas – Brollón
Monterroso B – Milagrosa
Oural – Páramo
Sober – Chantada B
Taboada B – Incio (o vencedor xogará co San Lázaro)
Bóveda – Sporting Lucense (o vencedor xogará Becerreá)
Relámpago Taboada – Rubián (o vencedor xogará co Palas)
Rio Sil – Quiroga (o vencedor xogará co Lemos B)
Corgo – Paradela (o vencedor xogará co Ferreira)
A Copa na 2ª e na 3ª Rexional continuará a finde do 8 de decembro, a do 22 de decembro, a do Entroido, a do 24 de maio e a do 31 de maio.
O Friol A venceu na última final de Copa ao Friol B. Na nova edición non participará o actual campión
Copa Feminina:
Será a última en poñerse en marcha. Participarán seis equipos. Todos os existenstes de futbol-11 na provincia, agás o PM Friol A que participará este ano na Segunda Pro. Non forma parte do cadro a Milagrosa que este ano non terá equipo de fútbol 11. Só o terá de fútbol – 8, ao igual cá SD Burela. O Antas e o Carballedo pasan exentos ás semifinais. Xogarán entre eles un pase a final. O outro duelo de semis sairá dos vencedores dos partidos da eliminatoria previa. Esta xogarase no Entroido.
1ª rolda (xogarase na fin de semana do 23 de febreiro):
CD Lugo – SD Chantada
PM Friol B – SG Comercial
Aspecto económico:
Como xa anunciamos, a Real Federación Galega de Fútbol vai aportar cartos aos equipos que participen na Copa Deputación 2020.O ente galego vai aportar 800€ aos equipos da Preferente, 500€ aos da Primeira Rexional e 300€ aos da Segunda e da Terceira. No caso da Deputación provincial o sistema seguirá sendo por pasar eliminatorias. Por cada rolda xogada como visitante os equipos de Preferente e Primeira cobrarán 450€. Mentres que os de Segunda, Terceira e fútbol feminino ingresarán 385€. Por cada eliminatoria xogada como local os equipos da Preferente e da Primeira cobrarán 600€. Mentres que os da Segunda, Terceira e fútbol feminino ingresarán 450€. A maiores haberá premios económicos para os finalistas. Na final da Preferente e 1ª o gañador cobrará 5000€ e o subcampión 4000€.Na final da 2ª e 3ª Rexional o campión ingresará 4000€ e o subcampión, 3000€. Os mesmos premios serán na final do futfem. Serán 4000€ para o gañador e 3000€ para o subcampión.
Datas:
Son a principal novidade desta edición. Ademais prevese que a final da Copa Fem e da Preferente e 1ª Rexional se xoguen no mesmo día e no mesmo campo. Sería unha diferenza con respecto ao ano pasado. A data fixada é a finde do 17 de maio. A final da Segunda e Terceira Rexional sería na última fin de semana de maio.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.