Foto: Viveiro CF

A Terceira División tenta resolver a súa temporada. Esta fin de semana o Arousa, o Somozas, o Alondras e o Polvorín por fin xogarán o último partido da segunda fase. Será o paso previo para logo desputar un intenso play off de acceso á Segunda RFEF. Por outra parte, quedan cinco xornadas na fase pola salvación. O Ourense CF de Julio Delgado e o Viveiro toman a dianteira. #OsLucensesNaTerceiraGalega seguen sendo protagonistas.

Pendentes da praza de acceso á Segunda RFEF:

Este domingo xogaranse os encontros aprazados hai dúas semanas entre o Arousa e o Somozas e entre o Alondras e o Polvorín. Os resultados das dúas citas determinarán a orde clasificatoria dos equipos.

O Polvorín e o Arousa de Ross xa saben que pasarán exentos na primeira eliminatoria de play off. Entrarán directamente nas semifinais. Falta saber en que posición. O mellor clasificado sempre terá a vantaxe do campo e o pase no caso de empatar ao final dunha hipotética prórroga.

O Choco de Alberto Suárez xogará contra o quinto clasificado. Posto ocupado nestes momentos polo Somozas de Aldán Naval. Pola súa parte, o Estradense xogará contra o sexto clasificado; agora o Alondras.

Grupo permanencia:

O Ourense CF lidera o grupo da salvación xunto co Viveiro. O cadro ourensán gañou e sumou o sexto encontro sen perder ante o Fisterra. Nun día no que o burelao Julio Delgado volveu á titularidade. O ‘10’ xogou os noventa minutos.

Corenta e catro puntos tamén son os que suma o Viveiro. Oito máis ca o Ribadumia. O cadro celeste venceu pola mínima ao Atios no Carballo cun gol de Tichu. Doce xogadores da provincia participaron no triunfo do encontro dirixido por Chusky.

Na terceira posición do grupo atópase o Arzúa. Volveu ao camiño da vitoria logo de tres partidos sen gañar. Venceu pola mínima ao Pontellas. Pedro Delgado foi titular e xogou 75 minutos. Na recta final do encontro entrou no terreo de xogo Brais Prieto.

O As Pontes xa quedou sen opcións matemáticas de salvación. Aínda que foi quen de sacar un punto da Senra ante un Ribadumia que marca nestes momentos a zona de salvación. Brais Vázquez regresou á titularidade e xogou o seu sétimo partido en Terceira División.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*