[themoneytizer id=”15360-1″]

Volve a competición en Primeira Autonómica. Mellor dito, xa o fixo onte co encontro adiantado entre o Monterroso e o Outeiro de Rei disputado en Cerdeiriños e que rematou con empate a un tanto.

O resto da xornada disputarase durante a fin de semana, destacando o encontro entre o recén ascendido Burela e un Riotorto que se reforzou moi ben. Será o domingo ás 18 horas no campo da Marosa.

O Burela buscará facer da Marosa o seu fortín

Tan só un ano lle fixo falta ao Burela para o seu retorno a Primeira, logo dunha gran campaña en Segunda na que foi claramente de menos a máis rematando nun estado de forma espectacular, que lle serviu para facerse tamén coa Copa Deputación. Desde aquela, Abel deixou o banco burelao logo de cumplilo obxectivo do salto de categoría. Colleu o seu relevo Jaime, que retorna así ao clube logo de ser axudante de Chusky no Viveiro. Con incorporacións do nivel de Miguel Gomes, o Burela regresa en serio, e ben seguro que será un rival incómodo para calquer clube, incluido o Riotorto, co cal fará a súa estrea esta temporada.

Pola súa banda, o Riotorto afronta o encontro do debut nesta temporada coa tranquilidade de ter un conxunto sólido, asentado na categoría, e que se reforzou este verán con xogadores contrastados. Felipe Varela e Manolito na parcela de ataque, son goleadores de sobra recoñecidos na categoría, ao igual que o laurentino Isaac, que foi un peza importante no San Tirso de Preferente Norte. Ademáis co bloque case que intacto da temporada anterior, non sería utópico pensar que os de Ramón Labrada podan incluso mellorar o quinto posto da pasada temporada. E quererán comezar poñendo a primeira pedra na Marosa.

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Preferente Norte

C.D Foz – S.D. Dubra (Domingo ás 18 horas no Martínez Otero): coa intención de correxir os erros que lles privaron de puntuar na Pobra, os de Gayol afrontan un duro encontro ante o Dubra. Logo de moitos anos a afección focense pode disfrutar do seu equipo en Preferente.

C.D. As Pontes – Viveiro C.F. (Domingo ás 18:30 horas no Poboado): partido de reencontros. Xogadores de ámbolos equipos con pasado no seu rival. Os ponteses arrasaron no primeiro encontro, mentras que os de Chusky non puieron puntuar ante o Arzúa.

Primeira Autonómica

– Sporting Pontenova – Club Lemos (Domingo ás 18 horas na Mina): Andrés Bouza estréase no banco pontenovés nun difícil compromiso ante o Lemos, que logo dos reforzos deste verán é claro candidato ao ascenso.

U.D. Pastoricense – S.D. Chantada (Sábado ás 18:30 no Acebreiro): outro dos favoritos da categoría, o Chantada, rinde visita ao Acebreiro, un campo no que os partidos sempre se fan longos. Os da Pastoriza afrontan unha nova temporada sen Vitín no banco.

[themoneytizer id=”15360-28″]

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*