Así foi a sexta xornada da Preferente Norte, primeira da segunda volta, no subgrupo 1C dos lucenses:

  • Ribadeo-Lemos (0-2): O conxunto de Edu Rodríguez recuperou a segunda posición na última media hora de encontro. O Ribadeo desaproveitou as súas oportunidades no primeiro acto para desaparecer tralo descanso. A reanudación foi do Lemos, que impuxo o seu fútbol e levou os tres puntos do Pepe Barrera cos goles de Adrián Díaz e Asier. 

    Jorge Pereira e Chechu, goleadores no Santaballés na 6ª xornada de liga

  • Foz-Sarriana (3-4): O fútbol volveu ser cruel cos do Martínez Otero ante unha Sarriana máis líder. Os de Charly mandaron durante a primeira metade e marcharon cun cómodo 0-2 ao descanso. O Foz reaccionou na segunda metade e igualou antes da hora de xogo. Omar marcou de novo e Diego Chao facía o propio minutos máis tarde (doblete para os dous atacantes). Cando o encontro parecía destinado ao empate, apareceu Gerardo. O talento individual para decantar unha tarde de tolos. A nota negativa púxoa a lesión de Álex Pérez. O lateral lucense rematou no Hospital da Costa con varios puntos despois dun choque de cabezas.
  • Santaballés-Residencia (2-0): Fútbol práctico e vitoria traballada do Santaballés. Clásico partido na Liga onde se deron todos os condicionantes favorables aos locais. O Santaballés creceu co encontro e aproveitou a ocasión que tivo para marcar. Chechu finalizou nunha boa arrincada colectiva cun bo centro de Palomo. Ao pouco de comezar o segundo tempo Jorge Pereira marcou o segundo de penalti. A partir de aí houbo que engadir a forte choiva como protagonista. A Residencia tentouno, principalmente con xogadas a balón parado, pero os puntos quedaron en Santaballa.

Comparte
                                             

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*