Así foi a cuarta xornada da Preferente Norte no subgrupo 1C dos lucenses:

  • Foz-Ribadeo (1-3): O cadro de Rafa Casanova sumou o primeiro triunfo da temporada nun derbi con escasas ocasións. O Ribadeo tirou de oficio e efectividade para impoñer a súa intensidade sobre a dun Foz que pagou caro os seus erros defensivos. 
  • Residencia-Lemos (3-0): Tres goles desde o punto de penalti, dous deles de Dani Renda, quitáronlle o liderado ao Lemos. A Residencia maniatou por completo a un cadro monfortino lonxe da súa mellor versión. Os da Cheda viviron un partido moito máis plácido do agardado xa que os de Edu Rodríguez remataron a primeira metade con nove xogadores no campo. 
  • Sarriana-Santaballés (4-3): Gerardo, de penalti, adiantou á Sarriana xusto antes do descanso. Os de Charly desatáronse ao inicio da reanudación e deixaron o partido case sentenciado co 3-0, doblete de Gerardo incluido. Pero o Santaballés nunca se rende e a piques estivo de dar un susto a unha Sarriana que baixou as súas prestacións cos cambios. O conxunto da Ribela é o novo líder.

Comparte
                                    

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*